Home  
 
 
 
 
  O Partido Popular de Ourense acusa ao PSOE de amosar "un interese nulo polo desenvolvemento económico do sector termal en Ourense", ao considerar que os socialistas boicotean novamente a posta en marcha do Balneario de Berán. Tercia no asunto o cooordinador provincial do PP, José Manuel Baltar Blanco, quen manifesta que o PSOE "leva case dous años paralizando a posta en marcha dunha obra na que se investiron 2,5 millóns de euros para favorecer o turismo termal nesta comarca", referíndose á comarca de O Ribeiro.
 
 
O PP acusa ao PSOE da parálise que sofre o Balneario de Berán desde fai dous anos
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
José Manuel Baltar Blanco
27 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O feito de que a sesión ordianaria de marzo da Entidade Local Menor de Berán non acudira este pasado mércores o repsentante do Partido Socialista, Tomás Lorenzo Fariña, co que non se puido votar a adxudicación do Balneario de Berán que seguirá paralizado, provoca críticas do Partido Popular e, en concreto, do coordinador provincial do PP de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, que denuncia que o PSOE "leva case dous años paralizando a posta en marcha dunha obra na que se investiron 2,5 millóns de euros".

"Por culpa deste capricho partidista dos socialistas, os veciños e toda a comarca levan perdendo cartos, turismo e desenvolvemento económico, xa que non se pode poñer en marcha a explotación do balneario", sinala Baltar Blanco, que solicita públicamente aos responsables provincias do PSOE "que deixen de esconderse tralas crises dos seus grupos municipais e reaparezan para velar polos intereses xerais".
O coordinador provincial dos populares ourensáns recorda que as novas instalacións balnearias de Berán foron entregadas pola Xunta de Galicia a Entidade de Berán fai xa case 2 anos, comunicando en varias ocasións a Dirección Xeral de Turismo a necesidade de proceder a súa urxente adxudicación, "xa que é evidente o inicio do seu deterioro", sinala Baltar Blanco.

A este respecto, recorda, a Entidade Menor de Berán conta coa autorización da Dirección Xeral de Minas da Consellería de Industria para o aproveitamento das augas, e cun perímetro de protección que poucos balnearios teñen, así como as demais autorizacións necesarias.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página