Home  
 
 
 
 
  Os alumnos da Escola de Artes Escénicas do Concello de Ourense uniranse á celebración do Día Mundial do Teatro con varias actividades que terán lugar este xoves, día 26, na explanada das inmediacións da escola municipal, en San Francisco. A celebración anticípase ás vésperas, xa que o día propia o venres, 27 de marzo.
 
 
Os alumnos da Escola de Artes Escénicas anticipan ao xoves a celebración do Día Mundial do Teatro  
26 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

Os alumnos da Escola de Artes Escénicas do Concello de Ourense súmanse este xoves á celebración do Día Mundial do Teatro, e o farán con unha mostra de esgrima, a lectura dun manifesto e unha solta de globos.
Os actos terán lugar a partir das sete da tarde na explanada que hai xusto onde a Escola, en San Francisco.
Exactamente ás sete da tarde os alumnos que participan nos cursos de Esgrima realizarán unha exhibición desta disciplina, e a continuación, un grupo de alumnos de teatro darán lectura a un manifesto sobre o que significa para eles o teatro e a celebración do Día Mundial, e realizarán posteriormente unha solta de globos.

O Concello recorda que a Escola de Artes Escénicas é un servicio da Concellería de Educación do Concello de Ourense que actualmente dá formación na especialidade de teatro a 105 alumnos, de tódalas idades, repartidos en 6 grupos que reciben clases dous días á semana, e outros 11 alumnos que asisten a clases de Esgrima.
Aínda que a data propia da celebración e a do 27, venres, a Escola Municipal anticipa a celebracións ás vésperas, o xoves.

Volver atras
Imprimir Página