Home  
 
 
 
 
O Parque Tecnolóxico de Galicia e o Centro Tecnolóxico AIMEN organizan unha xornada de difusión sobre as axudas á mellora da competitividade empresarial habilitadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). A sesión informativa terá lugar este xoves, día 26, no Edificio CEI de Tecnópole entre as 12 e as 14 horas, e nela daranse a coñecer diferentes liñas de axudas das que na actualidade dispoñen as Pemes.
 
 
 
A Tecnópole e AIMEN difunden este xoves as liñas de axudas que hai actualmente para as Pemes
25 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Tecnópole ourensá e AIMEN organizan conxuntamente unha actividade de duas horas de duración, dirixida a achegar as axudas á mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas gallegas actualmente dispoñibles. A xornada de difusión será entre as 12 e as dúas da tarde deste xoves, 26 de marzo.
Esta acción foma parte do Plan de Promoción e Transferencia Tecnolóxica que Tecnópole e AIMEN desenvolven conxuntamente co apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación.
A xornada está dirixida a directores xerentes ou das áreas financeiras e de proxectos, así coma ao público en xeral.

O obxectivo, segundo explica a Tecnópole ourensá, "é ofrecerlles aos asistentes información sobre as principais axudas á competitividade empresarial dispoñibles na actualidade, como as liñas para financiamento de circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital social", entre outras liñas dirixidas as Pemes, e os préstamos para a innovación tecnolóxica.

A apertura da xornada, estará a cargo do responsable da Delegación Tecnolóxica de AIMEN en Ourense, Alberto Martínez Pintos. A continuación, os subdirectores xerais de Xestión de Proxectos e de Información Especializada do IGAPE, Norberto Penedo e Carlos Silva, expoñerán as principais liñas de soporte económico deseñadas polo organismo da Consellería de Economía e Facenda para apoiar a competitividade das Pemes galegas.

Volver atras
Imprimir Página