Home  
 
 
 
 
  A cidade de Ourense ven de incorporarse á Rede de Cidades AVE, unha asociación na que participan un total de 20 localidades españolas que contan con esta infraestructura de comunicacións na actualidade ou contarán con ela a curto ou medio prazo. O Concello recibiu a comunicación oficial por parte do presidente da Rede, e alcalde de Lleida, Angel Ros, da aceptación da solicitude realizada polo alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, de que Ourense se incorpore a esta rede nacional, en calidade de membro adherido.
 
Noticias Relacionadas
  Ourense se sumará a la Red de ciudades AVE para aprender de capitales que ya pasaron por la llegada de la Alta Velocidad
  ESTATUTOS DE LA RED DE CIUDADES AVE
 
 
Ourense xa forma parte da Rede de Cidades AVE que integran outras vinte de todo o Estado
25 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Ourense xa forma parte da Rede AVE, una asociación na que agora mesmo están vinte cidades españolas que contan coa Alta Velocidade ou a van ter nun curto prazod e tempo.
A rede ten como obxectivo prioritario a promoción turística dos destinos que a integran desde as perspectivas de seren cidades comunicadas polo tren de alta velocidade.
A incorporación de Ourense a este colectivo supón, segundo o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, "unha nova moi positiva, xa que nos vai permitir desenvolver proxectos de promoción e desenvolvemento turístico da nosa cidade, en colaboración con outras localidades españolas, para realizar un esforzo conxunto de promoción de Ourense, ó tempo que beneficiarnos das experiencias que se desenvolveron noutras cidades que contan con esta infraestructura, e aproveitar o AVE para relanzar en toda España o gran potencial turístico e termal que ten Ourense, como porta de entrada da alta velocidade a Galicia".

Actualmente forman esta rede as cidades de Madrid, Barcelona, Sevilla, Zaragoza, Córdoba,
Antequera, Puente Genil, Puertollano, Ciudad Real, Segovia, Valladolid, Guadalajara, Calatayud, Huesca, Lleida e Tarragona.
Todas elas teñen en común contar cunha infraestructura, como é a liña de AVE, que as conecta mediante a liña férrea. A elas se veñen de engadir, en calidade de membros adheridos, as cidades de Ourense, El Prat de Llobregat, León e Talavera de la Reina, nas que está previsto a medio prazo a súa conexión con dita infraestructura e unha parada AVE

Seis obxectivos prioritarios

A Rede de Cidades AVE ten como obxectivos prioritarios cinco, comezando por actuar conxuntamente no desenvolvemento de estratexias e accións promocionais dirixidas a operadores turísticos e outros profesionais para a difusión da imaxe que se corresponda cos intereses das cidades da Rede, como xa queda dito anteriormente.
Ademais, prevese realizar proxectos e propostas comúns destinadas a promocionar a Rede e cada unha das cidades que a integran, así como establecer políticas de intercambios de experiencias e resultados, en relación con cuestións plantexadas  e resoltas en cada unha das cidades integrantes, traballando conxuntamente na análise do impacto e evolución da implantación do AVE nas mesmas.

O intercambio de información nas distintas Oficinas de Turismo das estacións; desenvolver, xestionar e difundir actividades culturais en proxectos e propostas comúns; e desempeñar o papel de interlocutor con institucións públicas e privadas relacionadas cos obxectivos da Rede, son os tres restantes obxectivos desta Rede de Cidades AVE do Estado á que xa perteñece Ourense.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página