Home  
 
 
 
 
  Fernando Romay estará en Ourense este martes para firmar un convenio entre a Fundación Socio-Cultural da Federación Española de Baloncesto e o Concello desta cidade. Eso será ás dez e media da mañá no Consistorio, donde o ex xogador do Real Madrid e da Selección Española de Baloncesto será recibido polo alcalde de Ourense. Logo, a partir das 11, no Auditorio, 800 rapaces de 12 centros educativos de Ourense asistirán a unha conferencia na que Romay transmitirá a importancia do deporte no ámbito educativo.
 
 
800 rapaces de 12 centros da cidade acuden este martes a unha conferencia de altura  
23 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

Co obxectivo de transmitir a importancia do deporte no ámbito educativo, a Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza o vindeiro martes a conferencia do ex – baloncestista profesional Fernando Romay, a partir das 11:00h. Ó acto, asistirán un total de 803 alumnos de 12 centros da cidade: Ceip Padre Feijóo, Ceip Irmáns Villar, Ceip Curros Enríquez, Ceip Santo Ángel, Colexio Divino Maestro, Colexio San José, Ceip Albino Nuñez, Ceip Amadeo R. Barroso, Colexio Cardenal Cisneros, Colexio Carmelitas, Ceip Vista Hermosa e Ceip Mestre Vide.

"Fernando Romay é o mellor exemplo de persoa que dedicou toda a súa vida ó deporte, cun excelente palmarés como baloncestista", sinala o Concello de Ourense. Este galego nacido en A Coruña en 1959, foi xogador de Real Madrid entre o ano 1976 e o ano 1993. Coa Selección Española conseguiu a medalla de prata dos Xogos Olímpicos de Los Ángeles,84.
Nos últimos tempos, xa retirado, Romay ven colaborando en diferentes programas de televisión e apoia a varias organizacións non gobernamentais. Na actualidade é comentarista de baloncesto na TVE.

Antes da conferencia, ás dez e media da mañá, o propio Fernando Romay e o alcalde, Francisco Rodríguez, asinarán un convenio entre a Fundación Socio-Cultural da FEB (Federación Española de Baloncesto) e o Concello de Ourense.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Fernando Romay