Home  
 
 
 
 
  O ciclista do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera, será o invitado de honra do acto de apertura da tempada 2009 do Clube Ciclista Maceda-Academia Postal, que se celebra este venres ás oito da tarde no Consistorio de Maceda. Máis de 35 ciclistas de entre 5 e 18 anos integran este Clube. Ezequiel Mosquera recollerá a quinta "Choca do ano" que o Clube macedán lle entrega ao ciclista máis destacado, o que xa foron no seu día cilistas agora tan coñecidos como Oscar Pereiro, Marcos Serrano e Javier Gomez Noya.
 
 
Maceda entrégalle este venres a súa "Choca do ano" ao ciclista coruñés Ezequiel Mosquera  
20 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Salón de Actos do Concello de Maceda acollerá este venres, a partires das oito da tarde, a presentación do Clube Ciclista Maceda-Academia Postal e a súa Escola de Ciclismo JA Hermida para a tempada 2009 que está a piques de comezar. Máis de 35 ciclistas integran esta escola, rapaces de entre 5 e 18 anos, que ao longo de este ano teñen previsto competir en probas do calendario galego de BTT, estrada e ciclocross, así como en diversas probas da Copa de España, Portugal e os Campionatos galegos e de España.
Nos cinco anos que leva a funcionar esta escola, segundo os seus responsabeis, "xa son numerosos e importantes os exitos acadados entre os que destaca algunha medalla en campionatos de España", sinalan.

No acto ademáis, como xa ven sendo habitual tódolos anos, está previsto facer entrega da "Choca do ano", premio que este ano é para o corredor do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera, que xa confirmou á organización a súa asistencia ao acto para recoller a distinción.
As catro chocas anteriores recaeron nos seus correspondentres anos en Oscar Pereiro, Marcos Serrano, Javier Gomez Noya e o equipo Karpin Galicia.
Con este premio o CC Maceda pretende recoñecer os exitos dos corredores e corredoras galegos, vinculados ao mundo do pedal. O premio consiste nunha choca, que é un elemento que forma parte do paisaxe rural de Maceda, estando presente tanto na gandeiria como no traxe do Felo.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Ezequiel Mosquera