Home  
 
 
 
 
Carballiño acollerá este domingo, día 22, os actos do Día da Auga da recén creada Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que presidirá o seu preidente, Francisco Fernández Liñares. Nesta ocasión, os actos contarán coa asistencia dun destacado carballiñés, o conselleiro de Medio Ambiente en funcións da Xunta de Galicia, Manuel Vázquez Fernández. A celebración situarase nas marxes do río Arenteiro ao seu paso pola vila carballiñesa.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
Francisco Fernández Liñares
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil celebrará do Día da Auga o domingo no Carballiño
20 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

O paseo agora completado polas marxes do Arenteiro no Carballiño, será o escenario este domingo da celebración do Día da Auga pola fai pouco creada Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Para as 12 do mediodia está prevista a chegada ao lugar do presidente da Confederación, Francisco Fernández Liñares, ao que acompañará nesta ocasión o carballiñés Manuel Vázquez Fernández, conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia en funcións, así como o alcalde de O Carballiño, Carlos Montes, e otras autoridades.

Precisamente a celebración consistirá básicamente nun paseo por esta paraxe con saída da Ponte da Toscaña ata a pasarela metálica que cruza o Arenteiro.
Aquí será donde se explicarán as actuacións que a Confederación Hidrográfica está levando a cabo nas marxes do Arenteiro, para as que tamén ten feito achegas o departamento de Manuel Vázquez.

Volver atras
Imprimir Página