Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Ana Garrido, concelleira de Educación

 
  Algo más de 300 rapaces de 3º e 4º de ESO de 8 centros educativos da cidade están convocados este mércores a un concerto didáctico-explicativo de jazz. Terá lugar no Conservatorio de Música de Ourense, e será presetnado polo músico e profesor Alberto Conde. Os obxectivos prioritarios do concerto son dar a coñecer o jazz e educar os gustos musicais dos alumnos.
 
 
Educación do Concello achega o jazz ós estudiantes de ESO cun concerto didáctico no Conservatorio  
18 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do programa "Música na Escola", organizará este mércores un concerto didáctico de jazz ás 11,30 horas, no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música, para alumnos de 3º e 4º curso da ESO ( 15 e 16 anos). O concerto será interpretado por alumnos do Conservatorio Superior de Música de A Coruña que estudian a especialidade de Jazz, e presentado polo músico e profesor Alberto Conde. Está previsto que participen 321 alumnos de 8 centros de ensino da cidade.

Os obxectivos desta actividade son dar a coñecer a música jazz (instrumentos, música e historia), educar os gustos musicais dos alumnos e desenvolver unha comunicación directa co público para que este saiba cando ten que aplaudir e cando ten que respectar a interpretación escénica.
Interpretaranse composicións de tipo estándard americano, propias do estilo e realizaranse descricións didácticas da música (autores, época, estilo...) que caractericen á composición e ó compositor, e unha presentación de cada un dos instrumentos musicais por parte dos seus respectivos intérpretes.

Volver atras
Imprimir Página