Home  
 
 
 
 
  Primeira reunión de toma de contacto, previa a outras que seguirán nos vindeiros días, do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Fernández Liñares, coas zonas de Valdeorras afectadas polas escombreiras de lousa. Fernández Liñares recordou que hai unha serie de proxectos e de compromisos que asume o seu departamento, como aportar o 70% nos proxectos de restauración hidrolóxica e forestal das zonas afectadas polas escombreiras das pizarreiras.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
Fernández Liñares confirma 10 millóns de euros para recuperar escombreiras en Valdeorras
17 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

O presidente da Confederación Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, reuniuse  co alcalde de O Barco de Valdeorras, Alfredo García, e con representantes do sector da lousa na comarca de Valdeorras, para analizar os problemas que padece dito sector e, estudar os proxectos que a Confederación ten previstos para a zona.
"Esta é a primeira toma de contacto con representantes do sector da lousa. Nas vindeiras semanas manteremos máis encontros para concretar os temas que se debatan nesta primeira reunión", sinalou ao respecto Fernández Liñares.

Durante a reunión de traballo, estudáronse varios proxectos enmarcados nun protocolo asinado hai un tempo, no que se preveía a restauración hidrolóxica e forestal das zonas afectadas polas escombreiras de lousa situadas preto dos ríos.
Trátase de proxectos que serán financiados con cargo aos fondos FEDER e, nos que a Confederación ten o compromiso de aportar o 70% da inversión total do proxecto, recordou e asumíu o propio Fernández Liñares.

Agora mesmo, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil ten en marcha dous proxectos de recuperación hidrolóxica e forestal en dous ríos do municipio de Carballeda de Valdeorras, un no río Riobola e outro no Balborrei. Ambas actuacións supoñen unha inversión superior aos 10 millóns de euros.

Volver atras
Imprimir Página