Home  
 
 
 
 
  Un investimento de máis de 200.000 eruos permitirá instalar os equipos precios para que o biogás que xenera o antigo vertedeiro de Eiroás produza enerxía para autoabastecerse. Así está previsto nun proxecto conxunto da Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Ourense, que prevén executar este ano este proxecto chamado "de valorización eléctrica do biogás". O proxecto asegura que logrará reducir tamén a emisión de compostos contaminantes favorecedores do "efecto invernadeiro".
 
 
O biogás que xenera o vertedeiro de Eiroás convertirase en enerxía coa que se autoabastecerá  
14 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia executarán este ano un proxecto de valorización eléctrica do biogás do antigo vertedeiro municipal de residuos sito en Eiroás. Un investimento de máis de 200.000 euros permitirá instalar os equipos necesarios para que o biogás que se xenera neste antigo vertedeiro sexa transformado en enerxía que satisfaga as necesidades de consumo de esta instalación municipal. A execución das obras xa foi licitada pola Consellería de Medio Ambiente para a súa realización no presente ano 2009.

O proxecto ten como obxectivos aproveitar o biogás que se xenera no vertedeiro e que pode ser captado polas instalacións de biogás, empregándoo como combustible para xeración eléctrica, así como reducir o custo de operación das instalacións eléctricas do vertedeiro e instalacións anexas.
Tamén se conquerirá reducir con elo a emisión de compostos contaminantes e/ou favorecedores do efecto invernadeiro, así como dar unha maior funcionalidade e utilidade ó sistema de desgasificación

"Este proxecto permitirá satisfacer as necesidades de enerxía das instalacións do vertedeiro", sinálase desde o Concello de Ourense, tendo en conta que o consumo punta da planta é duns 65 kW. Deste xeito instalarase unha potencia de 80-90 kW, que permitirá tamén manter a posibilidade dunha maior xeración no futuro en caso de ser necesario.

Volver atras
Imprimir Página