Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Servizos Sociais de Maceda ten previsto organizar, por medio do Centro de Información á Muller (CIM), unha serie de actividades encamiñadas á celebración do Día Internacional da Muller. As acitividades dan comezo este mesmo sábado, día 14, e a concelleira Ana María Rodríguez invita "á participación da veciñanza nunha data reivindicativa á vez que festiva".
 
 
Maceda celebrará a partir deste sábado o Día Internacional da Muller reivindicando e festexando  
14 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

Como "unha data reivindicativa á vez que festiva" se concibe pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Maceda a data deste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que neste Concello se celebrará a partir deste sábado, día 14 de marzo.
O programa de actividades, que se vai desenrolar no salón de plenos do Concello, abrangue unha ampla oferta lúdico formativa que vai desde a  sensibilización, a presentación do II Plan de Igualdade, así como actuacións de grupos locais, a participación nun cinefórum  e a exposición "Pioneiras. Mulleres empresarias galegas".

Este sábado levarase a cabo un acto conmemorativo dedicado á muller no que se presentará o II Plan de Igualdade que inclúe un anexo específico de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero. Asemade, neste día, no que terá cabida a vertinte lúdica, contarase coa actuación de dous grupos locais: as pandereteiras da Asociación MaÇaeda da Limia e o Grupo de Baile Chouteiros.   

Unha semana despois, o sábado 21 de marzo  o Cinefórum, converterase nun espazo de dialogo mediante o filme “En tierra de hombres” de Niko Caro. A concellería de Servizos Sociais considera que “esta posta en común contribúe a actualizar formas de actuacións presentes na vida cotiá que indican que aínda queda moito por percorrer no eido da igualdade”

Xa por último, o 26 de maio, pecharase o programa de actividades conmemorativas coa  inauguración da exposición “Pioneiras. Mulleres empresarias galegas”, mostra itinerante que permanecerá aberta ao público ata o día 4 de xuño.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana María Rodríguez, explica que "dende a austeridade do Concello farase conmemoración desta data tan importante cun cartel alusivo colocado na fachada do propio Concello para, deste xeito, por en releve un día especial para á muller e sobre todo para o rural xa que é neste entorno onde a muller traballa máis na sombra".  

Volver atras
Imprimir Página