Home  
 
 
 
 
  Con un investimento global de algo máis de 600.000 euros, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense seguíu adxudicando este xoves proexecto do Fondo Estatal de Investimentos Locais. Neste caso son cinco proxectos, os de mellora do parque e pista polideportiva de Os Remedios, Praza de Santa Teresita e tres locais de asociacións de veciños
 
Noticias Relacionadas
  O Concello bota a andar o Ourense sen fíos, "Ourense Wifi", co primeiro punto na rúa do Progreso
  Ourense refuerza su parque móvil, que heredó "moi deteriorado" del anterior gobierno, según Varela
 
 
A Xunta de Goberno adxudica cinco novas obras do Fondo Estatal de Investimentos Locais  
13 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

Na súa reunión ordinaria deste xoves, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adxudicou cinco proxectos máis dos autorizados polo MAP con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Locais. Os cinco proxectos agora xa autorizados totalizan un investimento de 609.269,22 euros.
Son os seguintes:

- Adxudicación provisional das obras de restauración do parque e pista polideportiva do complexo deportivo municpal de Os Remedios. As obras serán realizadas pola empresa Actividades, Construcciones e Voladuras, S.L, por un importe de 227.953,44 euros

- Adxudicación das obras de remodelación e dotación de equipamento na Praza de Santa Teresita. Serán realizadas por Construcciones Consgofer, por un importe de 49.066,26 euros.

- Adxudicación provisional das obras de ampliación e mellora da iluminación pública en varios puntos da cidade. Serán executadas pola empresa Manuel Gil, e suporán un investimento de 116.561,44 euros

- Adxudicación provisional das obras de mellora do local da Asociación de Veciños de Velle, no antigo colexio, en planta baixa, alta e cuberta. As obras serán realizadas pola empresa Construcciones Añel Pato, por un importe de 98.304,20 euros

- Adxudicación provisional das obras de mellora do local da Asociación de Veciños de San Miguel de Canedo, en planta baixa, alta e ampliación. Serán realizadas pola empresa Construcciones Añel Pato, por un importe de 117.383,88 euros.

Volver atras
Imprimir Página