Home  
 
 
 
 
Amigos da Terra estará o este venres día 13 de marzo, de 18.00h a 20.00h na rúa Saez Díez (diante do centro Comercial Pontevella) coa súa Campaña “Di Non ás Bolsas de Plástico”.
O obxectivo da mesma, é mobilizar á cidadanía e presionar aos líderes políticos para que se aprobe unha lei que regule a produción e distribución de bolsas de plástico. O colectivo ecoloxista recorda que, mentras a vida útil dunha bolsa de plástico é moi breve, uns 15 minutos, esa bolsa resiste 500 antes de desaparecer completamente.
 
 
 
Amigos da Terra levará a cabo outra campaña contra as bolsas de plástico este venres en Ourense
12 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

Nova campaña de Amigos da Terra contra as bolsas de plástico. O colectivo ecoloxista anuncia que estará de novo este venres nas rúas da capital ourensá, concretamente diante do Centro Comercial Pontevella desta cidade, para levar a cabo unha nova campaña de conciencización dos danos que causan ao medio ambiente. Está previsto recoller sinaturas que posteriormente se enviarán ao Ministerio de Medio Ambiente, así como ensinar á xente a crear a súa propia bolsa de tea. Ademais,  mostraranse as bolsas que consume unha persoa galega nun ano, presentaranse alternativas ao plástico e tamén se contará cun fotomatón contra as bolsas, onde todo o que queira, poderá inmortalizar o seu compromiso a non utilizar bolsas de plástico.
           
Sinala Amigos da Terra que as bolsas de plástico terminan converténdose nun grave perigo para o medio ambiente. "A súa vida útil é moi breve, uns 15 minutos, e a súa reutilización non é ningunha solución, xa que son moi fráxiles e acaban por romper de inmediato. Ademais, só se recicla un 10 % do total de plásticos e ao chegar aos vertedoiros, e non tratarse dun material biodegradable, as bolsas permanecen na natureza ata a súa descomposición, logo de 500 anos", aseguran os entendidos na materia.

Ao mesmo sinálasase que moitos países xa tomaron medidas para evitar o malgasto e a contaminación ocasionada polas bolsas de plástico en mares, ríos, bosques e cidades de todo o planeta. Francia, Irlanda, Bangladesh e China son algúns dos países que predican co exemplo, implantando a solución que consideran máis adecuada para evitar as bolsas de plástico.

Desde Amigos da Terra anímase a todos os interesados a involucrarse na campaña deixando de usar bolsas de plástico. "A nosa sociedade necesita unha conciencia medio ambiental que lle posibilite responsabilizarse das súas accións para mellorar a vida de todos os cidadáns", sinala o colectivo ecoloxista.

Volver atras
Imprimir Página