Home  
 
 
 
 
  A dous millóns de euros alcanza a consignación orzamentaria que a Deputación de Ourense anuncia para a mellora de estradas deta provincia, en dous casos en proxectos conxuntos coas cámaras municipais de Chaves e Montealegre. Outro caso é o da estrada dunha das zonas máis deprimidas desta provincia, o Concello de Chandrexa de Queixa. A Deputación anuncia a reforma dos 20 kilómetros da estrada que conecta este Concello co de A Pobra de Trives, dos que os 10 primeiros son tamén o acceso principal a Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
A Deputación anuncia a mellora da estrada Trives-Queixa, pola que se accede a Cabeza de Manzaneda
11 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense anuncia actuacións de mellora de infraestructuras na fronteira e no interior desta provincia, que acomete dentro do proxecto "Viarraia", segundo aclara a institución que dirixe José Luis Baltar. Trátase dun proxecto que xa foi presentado e aprobado na primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013, que conta con una consignación orzamentaria de 2 millóns de euros.

No caso das actuacións raianas o proxecto foi presentado conxuntamente coas cámaras municipais de Chaves e Montealegre, e comprende actuacións de mellora nas estradas que conectan Oímbra con Videferre e Soutelinho da Raia, así como en Verín a estrada Feces de Cima-Lamadarcos.
Xa no interior da provincia, inclúese nestas actuacións da Deputación de Ourense a mellora da estrada que une A Pobra de Trives con Chandrexa de Queixa, nun traxecto de 20 kilómetros dos cales os 10 primeiros son tamén os de acceso ao Complexo de Montaña de Cabeza de Manzaneda.

No caso das estradas fronteirizas con Portugal, a Deputación subliña que "con estas actuacións preténdese a permeabilidade do espazo fronteirizo, facilitando desta maneira a circulación de persoas e bens entre ambos lados da fronteira".
A institución que dirixe José Luis Baltar recibirá para estas obras exactamente un total de 1.956.666,67 euros, cantidade que nun 75% está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional,FEDER.

"O feito de que a institución provincial consiga que sexan aprobados os seus proxectos demostra a calidade das propostas e iniciativas presentadas pola Deputación e o alto valor que dende a Union Europea hai sobre o traballo desenvolvido pola institución", sinálase dende esta Deputación ourensá.

Volver atras
Imprimir Página