Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Ana Garrido

 
  A Concellería de Educación, dentro do  programa "Música na Escola" organiza un ciclo de 6 concertos didácticos para escolares a cargo de "Walter Silva Ensemble: La Bella Argentina", que terán lugar comezan este martes, día 10, e se prolongará ata o xoves, día 12,no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Está previsto que asistan ás seis sesións 1.350 nenos de centros da cidade.
 
 
Comeza este martes outra actividade das de "Música na Escola" da Concellería de Educación  
10 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

Un total de 1351 escolares de Primaria de 20 centros educativos da cidade  participarán noutra actividade das de "Música na Escola" que desenrola a Concellería de Educación que dirixe Ana Garrido. Trátase de seis concertos didácticos para escolares a cargo de "Walter Silva Ensemble: La Bella Argentina", actividade que consiste na representación dun conto musical guiado por un narrador, acompañado por tres instrumentos: a guitarra (interpretada por Walter Silva), o bandoneón (Jorge Lema) e o contrabaixo ( Luis Miguel Francesch).

A actividade ten como obxectivo que os cativos tomen contacto coas distintas familias de instrumentos musicais, identifiquen os seus sons asignándolles o seu nome e inculcarlles o gusto pola música clásica animándolles a practicar algún instrumento musical.   
 
Serán en total, seis representacións, para nenos de 1º a 3º curso de Primaria, seguindo este programa:

Martes, 10 de marzo:

1ª sesión: Ás 10.30h :   Colexios Luis Vives, San José e Guillelme Brown
2ª Sesión: Ás 12.30h:   CEIP O Couto, Inmaculada, M. Sueiro e Virxe de Covadonga.

Mércores, 11de marzo:

1ª sesión: Ás 9.30h :  C. San Pío X, CEIP Prácticas e do IES Portovello (CS Ed Infantil)
2ª Sesión: Ás 11.15h:   Colexios Sta Teresa de Jesús e Santo Ángel

Xoves, 12de marzo :

1ª sesión: Ás 9.30h : CEIP A Ponte e Filomena Dato
2ª Sesión: Ás 11.00h: Colexios Maristas, C. Padre Feijoo, CEIP Seixalbo, CEIP Curros Enríquez, CEIP Mariñamansa e CEE Miño (Velle)

Previamente, como ocurre nestes casos, a Concellería de Educación facilitou ós centros unha unidade didáctica do concerto para realizar actividades nas aulas. Tamén se facilita transporte gratuito para os centros máis afastados, así como un agasallo para cada un dos nenos participantes.

Volver atras
Imprimir Página