Home  
 
 
 
 
  "Existen obstáculos que estan a atrasar a restauración hidrolóxica e forestal das canteiras de lousa en Galiza", sinala o senador ourensán do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, ao tempo que di que tal afirmación se desprende da resposta que lle deu o Goberno a unha pregunta súa. O senador nacionalista pide "dilixencia" ás administracións e ás empresas implicadas no asunto, "para rematar uns traballos que acumulan anos de demora".
 
Noticias Relacionadas
  O BNG pregunta en Madrid polos proxectos para recuperar as estulleiras de pizarra en Valdeorras e no sur de Lugo
 
 
O Goberno admite que a restauración das escombreiras das pizarreiras levan retraso  
7 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

Segundo informa o propio senador nacionalista, o Goberno central recoñece a Pérez Bouza que a restauración hidrolóxica e forestal proxectada para as canteiras de lousa en Galicia, concretamente en Valdeorras e no sur de Lugo, están a sufrir atrancos. Deste xeito, o está tamén o Protocolo Xeral de Colaboración asinado entre a Xunta de Galicia, o Ministerio de Medio Ambiente e Asociación Galega de Pizarrista fai xa oito anos, en 2001, lembra o senador do BNG.
Os traballo tiñan que estar rematados en 2006, pero non foi así na maior parte das actuacións.
Actuacións que serían financiadas nun 70% polo Ministerio de Medio Ambiente, mentras as empresas do sector tiñan que aportar o 20% dos traballos e o 10% restante a Xunta de Galicia.

No caso concreto da provincia de Ourense, e máis concretamente da zona de Valdeorras, segundo informa o propio Goberno "non puideron formalizarse até que os pizarraristas formalizaron os seus compromisos de acordo co protocolo asinado en 2001, cousa que non ocorreu até decembro de 2006", a restauración das marxes do río Sil, rio Seco e arroio Perenes, nos concellos de Carballeda de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras e O Barco, así como as beiras dos ríos Santana, Casaio e da confluencia deste co Ardemouro.
Nestes casas, as obras tiñan un orzamento de casi 16 millóns de euros, e non comezaron ata o 3 e o 24 de febreiro de 2007.

O Goberno informou, así mesmo, doutros dous proxectos en Valdeoras que están pendentes: o da restauración das marxes do río Valborrás ao seu paso por Mormeau, en Carballeda de Valdeorras, orzamentado en 6,2 millóns; e o das marxes do río Riodolas, ao seu paso pola Fraguiña, tamén en Carballeda, e que ten un presuposto de 4,5 millóns.

Volver atras
Imprimir Página