Home  
 
 
 
 
  A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa reunión semanal deste xoves outras 9 obras do Fondo Estatal de Investimentos Locais para a cidade, que supoñen un investimento de 2,4 millóns de euros. Ademais aprobouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Solo e o Concello de Ourense para a tramitación de expedientes de rehabilitación e o financiamento dos gastos de mantemento das oficinas de rehabilitación municipal, portais únicos de vivenda
 
 
Aprobadas máis obras do Fondo Estatal na cidade, por un importe de 2,4 millóns de euros
6 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este xoves un novo paquete de obras con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Locais, do total de 60 proxectos presentados no seu día polo Concello e aprobados polo Ministerio de Administracións Públicas.
As obras que a Xunta de Goberno Local aprobou este xoves son as seguintes:

- Proxecto e expediente de contratación das obras de “renovación de beirarrúas nas rúas Mercado, Salustiano Muñoz e Rosalía de Castro”, por un importe de 315.411,56 euros.

- Proxecto e expediente de contratación das obras de “renovación de beirarrúas nas rúas Velázquez, Xoán de Anges, Prego de Oliver e Murillo”, por importe de 349.569,34 Euros.

- Proxecto e expediente de contratación da obra “mellora ambiental na rúa Gregorio Fernández no Couto, por 95.858,36 Euros.

- Proxecto e expediente de contratación da obra de “acondicionamento de paseo existente na marxe esquerda do Río Barbaña, entre a ponte de rúa Ervedelo e Dora Vázquez, por 231.234,26

- Proxecto e expediente de contratación da obra “reforma da Alameda de Covadonga”, por un importe de 84.530,36 Euros.

- Proxecto e expediente de contratación da obra “acondicionamento de parque público en Quintela de Canedo”, por importe de 99.944,78 Euros.

- Proxecto e expediente de contratación da obra “mellora do entorno da praza das Camelias”, por 99.925,04 Euros.

- Proxecto e expediente de contratación da obra de “infraestructura de rede radioeléctrica de banda ancha para acceso a internet”, por 999.206,11 Euros.

- Proxecto e expediente de contratación de construcción dun restaurante no parque das Pozas do Maimón, por 199.875 euros.

- Proxecto e adxudicación das obras de reforma de local da A.VV. Santa Lucía de Rairo, por un importe de 13.473,40 Euros, adxudicado a Construcciones Perez Reza S.L.

- Proxecto e adxudicación de obras no local no campo da festa dedicado a almacén en A. VV. Santa Mariña do Monte, por 31.221,40 Euros, adxudicada á empresa Construcciones Pérez Reza S.L.

- Adxudicación das obras en A.VV. Cabeza de Vaca, á empresa Construcciones e Reformas JJ, Ourense S.L., por 21.164 Euros.

Convenio de colaboración

Na mesma sesión, aprobouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Solo e o Concello de Ourense para a tramitación de expedientes de rehabilitación e o financiamento dos gastos de mantemento das oficinas de rehabilitación municipal, portais únicos de vivenda.

Asimesmo, aprobouse un acordo regulador das condicións de traballo para os empregados públicos do Concello de Ourense.

Por outra banda, aprobouse o borrador do convenio a subscribir entre o Concello de Ourense e A.M.F. sobre a edificación e urbanización da Praza San Antonio.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página