Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Ana Garrido

 
  "La Rosa del Desierto" é o documental escollido pola Concellería de Educación do Concello de Ourense para celebrar o Día Internacional da Muller este xoves. A proxección servirá como fío conductor das mesas redondas que se abrirán ó seu remate, en nas que participará Tomás Martínez, o director do documental, entre outros. Na actividade está previsto que participen este xoves 300 alumnos de 3º e 4º da ESO de seis centros educativos desta cidade. A actividade terá lugar no Centro Cultural da Deputación en dous pases, as 10 e as 12 da mañá.
 
 
O Concello de Ourense celebra este xoves o Día Internacional da Muller coa proxección de "La Rosa del Desierto"
5 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a Concellería de Educación do Concello de Ourense proxecta este xoves no Centro Cultural da Deputación, o documental "La Rosa del Desierto", dirixido por Tomás Martínez. Na actividade, enmarcada dentro do programa educativo “Teatro, Cine e Danza na Escola”, participarán un total de 300 alumnos de 3º e 4º da ESO de seis centros de ensino da cidade (IES Blanco Amor, IES 12 de Outubro, IES Portovello, IES Otero Pedrayo e C. A  Purísima).

Os obxectivos da iniciativa son coñecer a situación actual do pobo saharaui e o papel que desenvolven as súas mulleres, ademais de favorecer o diálogo e a sensibilización social.

O documental, a través da imaxe e testemuñas das mulleres saharauis, introduce ó espectador na situación e nas condicións de vida que ten que atravesar o pobo saharaui dende que, en 1975, o Sáhara Occidental fora ocupado por Marruecos e miles de familias se viron na obriga de fuxir e buscar refuxio en territorio arxelino. As mulleres saharauis que permanecen exiliadas dende 1975 nos campamentos refuxiados foron as artífices dunha auténtica revolución en todos os ámbitos da sociedade do Sáhara. Fixeron a miragre de conseguir rexurdir a vida dun pobo desolado, no medio dun deserto hostil e pedregoso.

As proxeccións irán acompañadas de mesas redondas, nas que participarán persoas relacionadas co tema do Sáhara e a muller.
Así, na primeira sesión, ás 10:00 h., asistirá Tomás Martínez, director do documental, Raquel Casares, membro do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense) e Clara Moure, traballadora da Concellería de Benestar Social.
Na segunda sesión, ás 12:00 h., repetirá presencia o director Tomás Martínez, que será acompañado de Pilar López, Vicedecana do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página