Home  
 
 
 
 
  A organización Galiza Nova denuncia a negativa do Concello de Celanova incluso a facilitar a información que lle requiere o Valedor do Pobo. A organización sinala que ten no seu poder catro comunicacións do Valedor nas que se lle comunica que o Concello que dirixe como alcalde o popular Antonio Mouriño, non fai caso ningún aos seus requerimentos de que se lle envíen os informes que se lle piden. Deste xeiro, o Goberno municipal sigue resistíndose a permitirlle á organización do BNG visionar as actas públicas dos plenos e realizar gravacións das sesións plenarias.
 
 
Galiza Nova denuncia que o alcalde de Celanova non lle fai caso nin ao Valedor do Pobo  
4 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

Galiza Nova, a Organización Xuvenil do Bloque Nacionalista Galego, denuncia que o Concello de Celanova "é inoperativo no sentido xa que  este non responde a solicitude de informes ao Valedor do Pobo Galego". Recorda Galiza Nova que as denuncias que se presentaron ante o Valedor do Pobo Galego están motivadas pola non publicación das actas das sesións plenarias.
Neste sentido Galiza Nova dice ter recibido catro comunicacións por parte do Valedor do Pobo en base a falta de resposta do Concello, e a remisión de novo da documentación que este debe achegar a esta institución.

Así mesmo Galiza Nova denuncia que as solicitudes entregadas no rexistro do Concello para poder visionar as actas públicas dos plenos e realizar gravacións das sesións plenarias, non recibiron resposta algunha por parte do Alcalde Presidente despois de un ano.
Para Enrique Yáñez, reponsable de Galiza Nova en Celanvoa, "esto pode deberse a dúas cousas, unha é a inoperancia dentro do Concello, e/ou dúas, o intento por parte do goberno local de ocultarlle aos veciños de Celanova a súa nula xestión e a actividade crítica da oposición, co fin de manipular a opinión pública que deste xeito non pode contrastar información cun documento oficial".
"Lembremos que os plenos soen ser as 11 horas do terceiro lúns cada dous meses, motivo que impide a moitos veciños achegarse", sinala Enrique Yáñez.

Nesta situación, a organización Galiza Nova anuncia que, en base a liberdade de información colaborará co B.N.G. para que os acordos tomados nos plenos, argumentacións nos debates das mocións apresentadas,  preguntas e rogos feitos pola oposición, serán distribuidos por todos os veciños da vila.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
  Antonio Mouriño, alcalde de Celanova