"Fixeron unha oposición feroz á lei que permitiu o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, pero foron os primeiros en ir á voda dun concelleiro do PP en Ourense, unha das primeiras en España trala aprobación da Lei. E agora, co mesmo cinismo e hiprocresía, utilizan o termo maricón de xeito despectivo", sinalou Laura Seara referíndose a afirmación feita en Carballiño a noite do xoves polo presidente do PP de Ourense, José Luis Baltar.
Laura Seara cualificou como unha indignidade persoal e un insulto á cidadanía que José Luis Baltar empregase o termo "maricón" para referirse de xeito despectivo a Manuel Pachi Vázquez.
"Pola boca de Baltar fala a dereita máis cavernaria, reaccionaria e sectaria do PP, pero non a representa el só. Recordou que Baltar e Núñez "fixeron unha oposición feroz ó matrimonio entre persoas do mesmo sexo, pero foron os primeiros en asistir á voda dun concelleiro do PP no Concello do Ourense, unha das primeiras que se celebrou en España tras a aprobación, por parte do Goberno socialista de Zapatero, da Lei que permitiu aquela voda".
"E agora, como mesmo cínico descaro, empregan o termo maricón con intención de ofender. Non ofenden, só se retratan e cualifican a si mesmos e ante toda a sociedade", engadiu a número 2 do PSOE por Ourense.
O "Sesiño" califica as obras da estrada OU-101 de "obras electorais" que rematarán coa campaña
O presidente da xunta local do Partido Popular de Maceda, José Luis Reina “Sesiño”, criticou as "obras electorais" que fai o PSOE, vaticinando que se anuncian melloras para Maceda "que unha vez rematada a campaña non cumprirán". José Luis Reina referiuse a que na precampaña electoral "viñeron os do PSOE a poñer a primeira pedra da reforma da estrada OU-101, e eu dixen que non ían ser capaces de cumprir o que estaba no Doga e que tampouco ían cumprir os prazos de remate, e así foi".
O presidente da xunta local do Partido Popular de Maceda pide ó PSOE que non se ría do pobo de Maceda, "non nos merecemos que se burlen, que nos desprecen, como fixeron os do BNG cos maiores que meteron enganados nun mitin en Pontevedra", e afirma que tiñan que haber cumprido comezando as obras da OU-101 con toda a maquinaría necesaria como prometeron.
"Os veciños de Maceda o único queremos é que se leve a cabo esta imporante obra para o noso concello", conclúe.
O PP di que o novo edificio xudicial de Ourense será realidade si os populares gañan o domingo
O novo edificio xudicial de Ourense será unha realidade se o Partido Popular acada o Goberno da Xunta de Galicia nas vindeiras eleccións autonómicas. Así o comprometeu este venres o candidato Popular por Ourense José Manuel Baltar nunha reunión que mantivo co decano dos Procuradores de Ourense, Ricardo Garrido, e outros membros do colectivo, nas dependencias xudiciais do Pazo de Xustiza.
A necesidade de contar cun espazo máis amplo para desenvolver a súa labor profesional é a principal reivindicación dos procuradores de Ourense, que din ter moitas carencias tanto de ubicación como de medios materiais. O novo Edificio Xudicial é unha infraestrutura que o goberno bipartito do PSOE e BNG negaron durante esta pasada lexislatura, a pesares de que foi reclamada insistentemente polo Partido Popular.
José Manuel Baltar e outros membros da candidatura acordaron cos procuradores crear un grupo de traballo mixto Colexio-PP de Ourense para seguir o estado das reivindicacións do colectivo ó longo do ano, "coa finalidade de que as súas propostas sexan puntualmente trasladadas ó Parlamento de Galicia", afirmou Baltar Blanco.
O candidato dixo tamén foron moitos os incumprimentos do bipartito en materia xudicial con Ourense, "xa que sempre socialistas e nacionalistas votaron en contra de todas as propostas que fixemos os deputados de Ourense".
Suárez Canal rematou, impune, a súa campaña en positivo do BNG en Ourense
O candidato nº1 do BNG pola provincia de Ourense, Alfredo Suárez Canal, concluiu a actividade desta campaña con dous actos simbólicos para chamar á movilización colectiva o próximo 1 de Marzo, "sobre todo nunha provincia como a de Ourense, onde a cidade debe ser cabeza tractora pero tamén cunha importante aposta polo rural", sinalou o nacionalista.
Anxo Quintana participou este venres pola mañá nun reparto en Ourense, e pola tarde a candidatura encabeza por Suárez Canal elexiu unha comarca como a Limia "para evidenciar tamén a nosa aposta polo equilibrio entre o rural e o urbano, a nosa aposta por revitalizar o Medio Rural e consideralo parte estratéxica da Galiza do futuro".
Suárez Canal explicou que nunca vivira unha campaña con tanta ilusión, adhesión e estímulo ao BNG "e isto é o mellor agoiro para ter un bo resultado o próximo 1 de Marzo. Nin as infamias, nin as calumnias nin as mentiras van doblegar a firmeza, convicción e ilusión dos que temos a Galiza no corazón".
|