Home  
 
 
 
 
  O PSdeG-PSOE presentou denuncia ante a Xunta Electoral este venres contra unha funcionaria do Concello, Noelia Pérez López, quen foi sorprendida e identificada de madrugada cando,  acompañada de outras dúas persoas sen identificar, estaba a repartir os pasquíns nos que se acusa ao PSOE de "primar aos seus amigos e tratar como primos aos ourensáns". O PSOE recorda que esta persoa foi de número 14 nas listas do PP nas Municipais de 2007, e foi "enchufada" no Concello por este partido en maio de 2007, "xusto antes do cambio de goberno".
 
 
Denuncian a unha "enchufada" no Concello de Ourense por repartir pasquíns contra o PSOE
28 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O partido socialista denunciou este venres ante a Xunta Electoral de Ourense a unha funcionaria do Concello desta cidade, "destacada militante do PP", sinala o PSOE, pola difusión de panfletos co logotipo do PSdeG-PSOE nos que recollen "graves difamacións contra este partido".
A funcionaria, que foi identificada como Noelia Pérez López, é unha destacada militante do PP que nas últimas eleccións municipais ocupou o posto 14 nas listas deste partido, e foi membro do Comité de Campaña do Partido Popular.  Ademais é funcionaria no concello de Ourense, despois de ser "enchufada" polo PP en maio de 2007, "xusto antes do cambio de goberno".

Na denuncia do partido socialista faise constar que Noelia Pérez foi sorprendida e identificada de madrugada cando,  acompañada de outras dúas persoas sen identificar, estaba a repartir os pasquíns nos que se acusa ao PSOE de "primar aos seus amigos e tratar como primos aos ourensáns", e de "repartir os cartos dos cidadáns entre os seus amigos". Estas e outras difamacións acompáñanse de fotografías do candidato á presidencia da Xunta do PSOE e do logotipo do partido, xunto a frases instando a non votar a este partido.

O PSdeG-PSOE denuncia a gravidade desta campaña "absolutamente tendenciosa e que vulnera toda a normativa en materia electoral", na que se están a verter unha serie de "burdas difamacións" co único obxecto de "confundir aos votantes".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página