Home  
 
 
 
 
  Ao contrario do que pronosticaba o alcalde de Pereiro de Aguair, o Ministerio Fiscal estima que, dos datos que lle trasladaron os concelleiros do PSdeG-PSOE neste Concello, "poderían derivarse responsabilidades contables". Deste xeito, o Consello de Contas, lonxe de arquivar o tema, acorda seguir a instrucción a fin de depurar posibles responsabilidades contables no concello que dirixe o popular Eliseo Fernández. Os socialistas lamentan que o alcalde non quixera atender as súas propostas e non ter que chegar ao Consello de Contas.
 
 
O Tribunal de Contas segue a instrucción da Conta Xeral do 2007 do Concello do Pereiro  
28 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Tribunal de Contas ven de ditar un auto polo que se acorda continuar a instrución para depurar "eventuais responsabilidades contables" no Concello de Pereiro de Aguiar despois de que os concelleiros do partido socialista no municipio denunciasen presuntas irregularidades na Conta Xeral Anual de 2007 e en determinadas obras do concello.
Os concelleiros socialistas de Pereiro de Aguiar recordan que, ante a negativa do grupo de goberno local de corrixir as presuntas irregularidades detectadas na Conta Xeral Anual de 2007 e en determinadas obras, se viron obrigados a dirixirse ao Tribunal de Contas, que ven de darlles a razón ao estimar que os feitos denunciados "puideran xerar presuntas responsabilidades contables".

Ao mesmo tempo, o partido socialista de Pereiro de Aguiar lamenta que as súas alegacións non foran atendidas antes polo grupo de goberno para evitar chegar a esta situación. Agora constátase que estas alegacións non eran "infundadas" como afirmou no seu día o alcalde, xa que o Tribunal de Contas, en lugar de decretar o arquivo das actuacións, ven de acordar "que se trasladen  á sección de enxuizamento e que se nomee un delegado instrutor".

Volver atras
Imprimir Página