Home  
 
 
 
 
  Á denuncia presentada o mércores contra o alcalde de San Cristovo de Cea, sigue este xoves outra que o PSdeG-PSOE ven de presentar ante a Xunta Electoral polo reparto dunhos panfletos en Celanova nos que o PP trata de amedrentar ao electorado. Nos panfletos advírtese aos veciños que "o PSOE e o BNG queren quedarse coas túas terras e expropiar a túa casa si te ausentas un tempo, non te poderás mover da casa nin traballar fóra". O PSOE pide á Xunta Electoral que ordene a susupensión da distribución de ditos panfletos, e que remita as actuacións ao xulgado por si puidesen constituir delito.
 
Noticias Relacionadas
  PASQUÍN obxecto da denuncia
 
 
Denuncian ao PP polo reparto de panfletos intimidatorios en Celanova contra o PSOE e o BNG
27 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O PSdeG-PSOE ven de denunciar ante a Xunta Electoral o reparto de panfletos por parte do Partido Popular en Celanova nos que se tenta amedrentar aos veciños coa suposta "expropiación" das súas casas si se ausentan durante un tempo. O Partido Socialista denuncia a "falsedade" e "tento de manipulación" que está a facer o PP,  que "utiliza a demagoxia e o medo en plena campaña electoral para conseguir votos", e pídelle á Xunta Electoral que suspenda a difusión dos panfletos e que poña estes feitos en coñecemento do Xuzgado "por si puidesen ser constitutivos dun presunto delito electoral".

O PSOE presentou a denuncia tras identificar a dous concelleiros do PP en Celanova e a membros do Grumir repartindo entre os veciños uns panfletos nos que se fai referencia ao Banco de Terras de Galicia e á Lei de Vivenda.
Neses panfletos, se advirte que "se gobernan o BNG e o PSOE poden expropiar a túa casa para darlla a outra persoa si te ausentas un tempo. Se gobernan BNG e PSOE non te poderás mover da casa, nin para traballar fóra (…) Pódenche quitar as túas terras coa escusa de que non as traballas".
Estes panfletos foron tamén distribuídos na carpa do PP  na Feira de Celanova.

O PSdeG-PSOE considera estes panfletos "absolutamente tendenciosos e falsos", repartidos "co único obxectivo de gañar votos a conta de meter medo".
O partido socialista sinala ademais que "os concelleiros do PP son plenamente conscientes de que o que se recolle nestes panfletos é totalmente falso", e que de xeito "totalmente doloso se está utilizando para evitar que os electores emitan o seu voto libremente a outras formacións políticas".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página