Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense

 
  En 35.598 euros se cifran os danos causados polo vento do recente temporal que sofriu Galicia, e que na capital ourensá produciron problemas sobre todo nas árbores. O Concello de Ourense ven de aprobar dirixirse á Consellería de Presidencia da Xunta para solicitarlle axudas. Ademais, aprobouse concederlle a Sogaserso a licencia de obra do Centro de asistencia xerontolóxica do barrio de Barrocás desta cidade.
 
 
O Concello de Ourense pide axudas para os danos do pasado temporal que cifra en 35.598 euros
27 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a solicitude da axuda á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia para sufragar os gastos extraordinarios da Concellería de Medio Ambiente, como consecuencia do temporal acaecido en Galicia a finais do mes de xaneiro, concretamente dende o día 23. O Concello de Ourense cifra os gastos causados polo temporalmente, especialmente os producidos polo vento, en 35.598 euros.

Na valoración de danos téñense en conta os custes por actuacións con medios propios (3.817,70 euros), os custes por actuacións con medios alleos (16.000 euros), os custes das árbores caídas (9.431 euros) e os custes de danos en diversas infraestructuras (6.350 euros), que totalizan os mencionados 35.598,70 euros.
Concretamente, a zona máis afectada da cidade foi o paseo fluvial do Miño “Pista Roxa”, onde se retiraron 24 árbores, debidó ó perigo que provocaban ó ser unha zona con gran afluencia de viandantes e ciclistas. Ademáis, foron necesarias intervencións de relevancia ó carón de centros educativos, como o de Seixalbo, Mariñamansa, Mende, C.E.I.P. Vistafermosa, C.E.I.P. As Lagoas e Colexio Oficial de Idiomas.

Sinala o Concello de Ourense que os maiores danos producíronse nas árbores, moitas das cales foron derribadas polo vento e víronse afectadas algunhas estructuras, tendo que tomar medidas drásticas de tala por motivos de seguridade viaria. Ademáis, tiveron que eliminarse ramas que representaban perigo de caída, e foron necesarias outras actuacións que precisaron da presencia de maquinaria e equipos especializados en poda e talado de árbores de grandes dimensións.

Centro de Terceira Idade en Barrocás

Na mesma sesión, aprobouse conceder a Sogaserso, SA a licencia de obra do Centro de asistencia xerontolóxica e de atención ás persoas en situación de dependencia, nas rúas Antonio Román e Cesáreo González, en Barrocás, consonte ó proxecto presentado e redactado polo arquitecto don César Portela Fernández, cun presuposto de execución de 4.321.007,57 euros, en terreos cedidos polo Concello.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página