Home  
 
 
 
 
  Dotadas con un orzamento de casi 400.000 euros e financiadas a través dun convenio asinado recentemente coa Consellería de Política Territorial, as obras de captación e canalización das augas pluviais da estrada A Granxa-Rairo e humanización da praza pública deste último barrio xa teñen autorización da Xunta Local de Goberno do Concello de Ourense. As obras terán un plazo de execución de 3 meses, e o proxecto establece que se construirá un novo colecto de 1 quilómetro que levará as augas ata o Regueiro de Zaín.
 
 
Rairo verá humanizada a súa praza e recollidas e canalizadas as augas pluviais da estrada de A Granxa
27 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou o proxecto de canalización de augas pluviais da estrada A Granxa-Rairo e humanización da praza pública de Rairo. As obras suporán un investimento de 397.624,63 euros e serán financiadas en desenvolvemento do convenio de colaboración recentemente asinado polo Concello e a Consellería de Política Territorial para acometer ambas actuacións.

O proxecto ten como obxectivo prioritario definir as obras de canalización das augas pluviais procedentes da obra de drenaxe da nova estrada de conexión entre a Nacional 525 e a OU-536, no tramo comprendido entre as localidades de A Granxa e Rairo. Con esta finalidade, construirase un novo colector que conducirá as augas pluviais ata o regato máis próximo, Regueiro de Zaín, situado a unha distancia de 1 kilómetro, augas abaixo do punto de orixe.

O colector discorrerá a través do pobo, primeiro pola rúa do Souto, atravesará a estrada CV-401, e continuará pola pista asfaltada que conduce ó núcleo de Canavelar, cruzando a vía do ferrocarril, ata chegar ó regueiro de Zaín.

Tamén dentro deste proxecto, acometerase unha actuación de mellora e humanización da Praza de Rairo dotándoa dun novo pavimento de taco de granito nas zonas de viais e beirarrúas, mentres que a zona de praza pavimentarase con lousas de granito. Construiranse novas escaleiras, varanda e marquesina e colocarase nova iluminación, así como colectores soterrados de lixo e un sistema hidráulico de subida e baixada para a recollida selectiva.
Establecese, por último, que as obras teñen un prazo de execución de 3 meses.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página