Home  
 
 
 
 
  Manolo Losada, O Trangallán, é o persoeiro ó que homenaxea este ano O Entroido de Ourense, segundo o programa de festexos presentado o pasado lunes, 9 de febreiro, pola concelleira de Cultura, Isabel Pérez e o tenente de alcalde do Concello de Ourense. A celebración conta este ano con 100.000 euros de orzamentos, e destacouse a cabida que este ano se lle da no programa do Entroido ós barrios da cidade, especialmente ás Eiroás e Seixalbo.
 
 
Morto don Carnal, a enterrar a sardiña e acabaouse o Entroido
25 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Fin de traxecto. O Entroido do 2009 rematou ese martes, Martes de Entroido, e xa só queda enterrar a sardiña. Simbólica despedida a don Carnal que se celebra en moitas vilas desta provinica ó caer da tarde. Na capital o cortexo fúnebre sairá ás oito e media da tarde do sitio de sempre, a Praza Maior, onde volverá para queimar o peixe que despide a carne e saúda a entrada da Cuaresma.

Si por dúas cousas comprirá lembrar o Entroido deste 2009, será pola animación e a recuperación da concurrencia e a participación na Festa, e o que axudou a meteoroloxía de principio a fin.

25 de febreiro, Enterro da Sardiña

20.30 ENTERRO DA SARDIÑA
Concentración: na Praza Maior, onde as carpideiras, nun cortexo fúnebre debidamente amenizado polas charangas Os Centellas e Chunda Chunda acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido.
Percorrido: saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto. Domingo, Lepanto, Juan de Austria, praza Sta. Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

Entroido de Seixalbo – Paquita e Nicanor

25 de febreiro.- mércores de Cinza

21.00 ENTERRO DA SARDIÑA con desfile polas rúas de Seixalbo e sardiñada ao remate no Campo da Infesta.

 

 
Volver atras
Imprimir Página