Home  
 
 
 
 
Tal se dijo
  LAURA SEARA :
“Ourense se converterá na porta de entrada á nosa comunidade coa apertura de novas vías de comunicación e coa chegada do AVE"
  MARIO GUEDE :
"O apoio ó deporte de base e o deporte como práctica saudable, será o primeiro obxectivo, pero sen deixar a un lado a aposta polo deporte e polos deportistas de alta competición"
  MARÍA JOSÉ RUBIO :
"
van a facer todo o contrario, como fixeron durante os 16 anos que gobernaron a Xunta de Galicia e como están a facer noutras comunidades, como é o caso de Madrid"

 

SUÁREZ CANAL :
"o BNG ten o aval dos feitos, tamén nunha provincia como a de Ourense"
  JAVIER NOVOA :
"A comarca de Verin ten unha gran potencialidade no comercio con Portugal, sen embargo non hai politicas de desenvolvemento reais"
 
 
Seara subliña que o 2º Plan de Reequilibrio de Galicia apuntalará o desenvolvemento de Ourense
24 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A candidata do PSdeG-PSOE en Ourense, Laura Seara,  destacou este lunes que o segundo Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia será "clave" para "apuntalar o desenvolvemento da provincia de Ourense, do medio rural e para invertir a desertización do seu territorio".
Destre xeito resaltou a número 2 do Partido Socialista por Ourense a importancia deste segundo Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia 2011-2015, que, segundo Seara Sobrado, "forma parte dos compromisos do partido socialista e do presidente Touriño para que a nosa provincia avance".

Laura Seara tamén subliñou a importancia da mellora en infraestruturas en Galicia, e fundamentalmente en Ourense "que se converterá na porta de entrada á nosa

Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

comunidade coa apertura de novas vías de comunicación e coa chegada do AVE".  Neste senso Seara destacou o investimento que fará o Partido Socialista de 5.000 millóns de euros para executar o Plan Director de Estradas de Galicia, e a construción de  400 quilómetros de vías de alta capacidade das que 184 serán autoestradas libres de peaxe", dixo a candidata do PSdeG-PSOE por Ourense.

O PP compromete revisar o marco legal para permitir o patrocinio deportivo

"El PP tiene claro que invertir en deporte es invertir en salud", sinalou o candidato do Partido Popular, Rosendo Luis Fernández, nun encontro que o seu partido mantivo este luns co mundo do deporte ourensán no Edificio Simeón desta cidada. "Por eso abordaremos una política deportiva encaminada a fomentar su práctica desde la infancia a la tercera edad", sinalou Rosenso Luis Fernández.
Esa política deportiva do PP concrétase na revisión do actual marco normativo, creando unha nova ley para o deprote en Galicia, dotandoa de financiación axeitada para o seu desenvolvemento e potenciando a participación privada nesa financiación mediante un marco fiscal máis favorable para o patrocinio deportivo.

Pola súa bande, o concelleiro do PP Mario Guede, farou tamén de inversións en novas instalacións deportivas para que haxa, dixo, un pabellón a non máis de 30 minutos do centro de traballo, do centro de estudo ou da casa de cada galego. "O apoio ó deporte de base e o deporte como práctica saudable, será o primeiro obxectivo, pero sen deixar a un lado a aposta polo deporte e polos deportistas de alta competición", sinalou Mario Guede.

María José Rubio recorda que Núñez Feijóo foi quen propiciou as fundacións en Galicia

A conselleira de Sanidade, a socialista María José Rubio Vidal, cualificou hoxe de "indignante" que a mesma persoa que propiciou a creación das fundacións en Galicia, e que exportou o modelo ao resto de España dándolle marco legal á privatización da sanidade pública que se está a facer en Madrid, diga agora que quere defender a Sanidade pública galega, en referencia ao candidato á Presidencia da Xunta do Partido Popular. Rubio fixo estas declaracións durante un mitin na localidade ourensá de Barbadás referíndose ó candidato do PP a presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Segundo Rubio Vidal, "esta afirmación só é comprensible pola necesidade do candidato popular de mentir para non perder votos", aínda que a conselleira amosouse convencida de que "van a facer todo o contrario, como fixeron durante os 16 anos que gobernaron a Xunta de Galicia e como están a facer noutras comunidades, como é o caso de Madrid".
A conselleira de Sanidade lembrou que o propio candidato á Presidencia da Xunta foi quen creou as fundacións hospitalarias en Galicia, hoxe disoltas e integradas no Servizo Galego de Saúde, e que propiciou un marco legal para a privatización da sanidade pública como a que se está a levar a cabo nas comunidades de Madrid e de Valencia.

Suárez Canal di no Posío estar "moi ilusionado" coa campaña

O candidato nº1 do BNG pola provincia de Ourense, Alfredo Suárez Canal, manifestou durante un reparto de propaganda de campaña no Posío estar "moi ilusionado" ante a receptividade que está a ver na xente, "e que non recordo noutros dos moitos comicios que xa teño vivido", manfiestou Suárez Canal.
Para o cabeza de lista do BNG por Ourense, "trátase dun bo síntoma", polo que amosou a súa confianza en que por primeira vez o PP perda a maioría absoluta en Ourense e o BNG suba en votos e poida tamén incrementar a súa presenza en escanos.

O candidato nacionalista reiterou que "o BNG ten o aval dos feitos, tamén nunha provincia como a de Ourense, que ten un grande potencial que cómpre desenvolver cunha cabeza tractora que ten que ser a cidade".

O candidato de Terra Galega lamenta a pouca defensa que de Verín fixeron os políticos

O candidato de Terra Galega por Ourense, Javier Novoa, amosou en Verín este luns a preocupación do seu partido con relación ó abandono desta comarca por parte dos politicos ourensáns, dixo, e a súa "pouca forza reivindicativa, que fixo que Verin se quedase, entre outras cousas, sen o circuito de velocidade o que suoporia un pulo económico para a comarca".

"A comarca de Verin ten unha gran potencialidade no comercio con Portugal, sen embargo non hai politicas de desenvolvemento reais con respecto as inversións que Verin necesita para atraer ó capital portugués", dixo o cabeza de lista de Terra Galega por Ourense.
"Compre tamén, explotar as potencialidades da comarca no sector do agro, da madeira e mesmo da caza así como a dinamización do sector das augas minerais e medicinais", engadiu Javier Novoa.

 
Volver atras
Imprimir Página