Home  
 
 
 
 
  Manolo Losada, O Trangallán, é o persoeiro ó que homenaxea este ano O Entroido de Ourense, segundo o programa de festexos presentado o pasado lunes, 9 de febreiro, pola concelleira de Cultura, Isabel Pérez e o tenente de alcalde do Concello de Ourense. A celebración conta este ano con 100.000 euros de orzamentos, e destacouse a cabida que este ano se lle da no programa do Entroido ós barrios da cidade, especialmente ás Eiroás e Seixalbo.
 
 
Morre don Carnal este Martes, remata o Entroido e chega a Cuaresma
24 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Aínda que en algúns sitios como é o caso de Laza o fai dun xeito tan peculiar como é o do Testamento do burro, o caso é que este martes morre don Carnal. Remata o Entroido ou Carnaval de Ourense 2009, marcado pola impresionante animación que volveu a recuperar esta festa, así como o bon tempo que axudou poderosamente.
Este martes é o dos últimos paseos e desfiles de máscaras, disfraces e comparsas, o das últimas carreiras de cigarróns, pantallas e peliqueiros, que no mércores de cinza chorarán a morte de don Carnal no Enterro da Sardiña que preludia a entrada da Cuaresma.

Mentras tanto, aínda queda unha xornada para rematar a troula e a festa, que en moitos sitios da provincia e

inhábil a efectos laborais. O que para moitos axudará a recuperar forzas e despedir este Entroido.

PROGRAMACIÓN NA CAPITAL

24 de febreiro, martes de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: Charangas Los Estupendos Burruños de la Morralla y su Banda de Impresentables, Santiago Apóstol,  Monterrei e Os Centellas.

OBRADOIROS
12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Ritmos Nordestinos) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

19.30 BAILE co grupo Supert T de Pontevedra.
Lugar: Praza Maior

21.00 CONCURSO DE DISFRACES INDIVIDUAIS, onde un xurado premiará os 50 mellores disfraces cunha invitación para a CEA DE DESPEDIDA DO ENTROIDO.
Lugar: Praza Maior

25 de febreiro, Enterro da Sardiña

20.30 ENTERRO DA SARDIÑA
Concentración: na Praza Maior, onde as carpideiras, nun cortexo fúnebre debidamente amenizado polas charangas Os Centellas e Chunda Chunda acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido.
Percorrido: saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto. Domingo, Lepanto, Juan de Austria, praza Sta. Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 


Entroido das Eiroás – Festa da Pita

24 de febreiro.- martes de Entroido

12.00 FOLIÓN DO ENTROIDO, con Pitas, máscaras, gaiteiros/as e música, que percorrerán o barrio anunciando a chegada do día grande.

13.00 VODA DA PITA

14.00 Xantar amenizado pola charanga Santiago Apóstol

17:00 BAILE DE MÁSCARAS amenizado pola orquestra Alianza.

21:00 QUEIMA DO MECO

Na xornada do martes, haberá carpa con bancos e mesas para todos aqueles grupos que queiran xantar na praza. Inscribirse nos domingos previos.

Entroido de Seixalbo – Paquita e Nicanor

24 de febreiro.- martes de Entroido

DÍA GRANDE DO ENTROIDO EN SEIXALBO
15.30 Desfile de comparsas e charangas polas rúas de Seixalbo.

25 de febreiro.- mércores de Cinza

21.00 ENTERRO DA SARDIÑA con desfile polas rúas de Seixalbo e sardiñada ao remate no Campo da Infesta.

 
Volver atras
Imprimir Página