Home  
 
 
 
  A urbanización da parcela que dará acceso dende a Avenida de Santiago ó Centro de Saúde que construirá a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia no barrio do Vinteún, xa conta con aprobación definitiva. Así o acordou a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunida este luns. Trátase doutro paso necesario para que a Xunta acometa as obras deste novo centro que asumirá no futuro a uns 10.000 usuarios da sanidade púlica ós que actualmente da servizo o Centro de A Ponte.
 
 
O proxecto de urbanización da parcela do Centro de Saúde de O Vinteún xa ten aprobación definitiva  
24 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local deste luns elevou a definitivo o proxecto de urbanización da parcela que dará acceso ó Centro de Saúde do Vinteún dende a Avenida de Santiago. Trátase do solar no que a Consellería de Sanidade acometerá a construcción deste Centro de Saúde que vai liberar ó de A Ponte duns 10.000 usuarios ós que ata agora atende.

Os terreos son a área de reparto 06 b-N, “Eiroás II”, de iniciativa privada, que desenvolverá Promocións Inmobiliarias Porta Vixía. Trátase dunha parcela sita á altura do número 157 da Avenida de Santiago, contigua ó amplo espacio dotacional que o Concello desenvolverá na zona de Eiroás, onde se ubicarán entre outros equipamentos, o novo centro de saúde do Vinteún, que construirá a Xunta en terreos achegados polo Concello.
O proxecto de urbanización ten un orzamento de 139.000 euros, incluindo movemento de terras, firmes, pavimentos, redes de abastecemento, saneamento, pluviais, canalizacións de telefonía, gas, telecomunicacións, eléctricas, instalación de alumbrado exterior, xardinería e zonas verdes e sinalizacións.

Recorda o Concello de Ourense que a construcción do novo Centro de Saúde do Vinteún deu un paso adiante o pasado mércores, día 18, coa convocatoria, por parte da Xunta de Galicia, do concurso para adxudicar a redacción do proxecto técnico do novo equipamento sanitario, cun orzamento de 75.375 euros. Data na que tamén a Xunta licitou a redacción do proxecto do centro de saúde que se construirá no barrio do Couto,  por importe de 118.831 euros.

Volver atras
Imprimir Página