Home  
 
 
 
 
Tal se dijo
  SUÁREZ CANAL :
“Pídovos voto, compromiso e participación porque votando decidimos gobernantes, futuro e programas, é unha afirmación de humanismo, un acto cívico que nos singulariza como especie"
  LAURA SERARA :
"O obxectivo claro do PPdeG nesta campaña é a desmobilización"
  JOSÉ LUIS BALTAR :
"só lles interesa cazar votos nestas eleccións a costa do que sexa, sen importarlles os problemas económicos das familias nin das empresas"

 

ROSENDO LUIS FDEZ. :
dixo que o PP propiciará a emancipación dos mozos poñendo a súa disposición vivendas xa construídas que están sen vender en Galicia a un prezo asequible e concertado
 
 
Manuel Vázquez di que, a tenor das enquisas, ó PP só lle queda "gañar a abstención"
23 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O cabeza de lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense, Manuel Vázquez, cualificou este 22 de febreiro como "un domingo de enquisas cun titular claro e rotundo: o PP non vai gobernar, non vai gobernar".
Vázquez Fernández referíuse ós sondeos publicados este domingo por varios diarios galegos e do Estado, e explicou que o dito "é o que sobresae das sondaxes, pero debaixo hai algo máis e tan importante como que o PSOE pode gobernar en solitario porque da indecisión vai saír un voto masivo ao PSOE", sinalou o candidato socialista por Ourense en tono absolutamente optimismo ante o vindeiro domingo.

O cabeza da lista do PSOE pola provincia ourensá, que ven insistindo en que é precisa a participación do electorado e acudir o vindeiro domingo ás urnas xa que "a abstención só favorece ó Partido

Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

Popular", sinalou tamén que "o PP sabe que non vai gobernar e por iso quere gañar a abstención".

Suárez Canal advirte que "non se debe caer na tentación de que está todo feito" e anima a votar

O candidato nº1 do BNG pola provincia de Ourense, Alfredo Suárez Canal, fixo un novo chamamento á participación nos seus actos públicos en Vilar de Santos e Rairiz de Veiga "para facer fronte ás forzas políticas que cifran a súas aspiracións de recuperar o Goberno e frear o cambio transformador que iniciamos en Galiza se hai unha grande abstención".
Suárez Canal afirmou que "non se debe caer na tentación de que está todo feito", e reiterou que "hai que votar".

“Pídovos voto, compromiso e participación porque votando decidimos gobernantes, futuro e programas, é unha afirmación de humanismo, un acto cívico que nos singulariza como especie", sinalou o cabeza de lista do BNG por Ourense centrado como nunca ata agora na participación do electorado nas urnas o vindeiro domingo.

Seara anima ós xóvenes que foron motores do cambio fai catro o anos, que o consoliden

Pola súa parte, a candidata do PSdeG-PSOE en Ourense, Laura Seara, animou tamén ós galegos e galegas a acudir "masivamente a votar o 1 de Marzo", e principalmente ós xóvenes "que hai catro anos decidiron que querían un cambio de rumbo para Galicia e que agora teñen a oportunidade de consolidar o cambio", sinalou a número 2 do Partido Socialista pola provincia de Ourense.

A candidata alertou de que "o obxectivo claro do PPdeG nesta campaña é a desmobilización", polo que animou especialmente á xuventude  a "non quedarse na casa" e a participar nestas eleccións "para avanzar no cambio e non dar nin un paso atrás".
Laura Seara  apelou  "ócompromiso, solidariedade e intelixencia dos xóvenes ourensáns" para votar ó PSdeG-PSOE  o dia 1 de Marzo, xa que, dixo Seara Sobrado, "eles iniciaron un camiño fai catro anos e agora deben seguir mobilizándose, máis que nunca, para non volver ao pasado".

Baltar chámalle ó bipartito "matrimonio de perdedores" que queren gañar "como sexa"

Baltar mostrouse concluínte este fin de semana ó decir que ó PSOE e o BNG en Galicia "só lles interesa cazar votos nestas eleccións a costa do que sexa, sen importarlles os problemas económicos das familias nin das empresas, xa que a súa única meta e reeditar o matrimonio de perdedores que gobernou Galicia nos últimos catro anos".

O presidente provincial do PP dixo que aínda non escoitou en toda a campaña electoral unha soa medida concreta por parte de socialistas e nacionalistas para facer fronte á crise, xa que, según o presidente provincial do PP de Ourense, "aínda hoxe seguen a ignorala, porque a eles non lles afecta ó bolsillo". Según José Luis Baltar, "fronte a isto o Partido Popular ofrece a seriedade dun partido unido".
"Nós temos fallos, como calquera, pero sabemos corrixilos con rapidez e firmeza. Temos experiencia probada en afrontar crises e resolvelas", sinalou José Luis Baltar

O PP anuncia medidas en materia de vivenda para xóvenes baseadas en alugueres

En Barbadás o Concello “máis xove de Ourense”, caracterizado por ter o índice de xuventude máis alto da provincia concentrado principalmente na Valenzá, o Partido Popular presentou as medidas de vivenda e emprego destinadas ós mozos que o PP porá en marcha a partir do 1 de marzo se acada o Goberno da Xunta.
Rosendo Luis Fernández, número 2 da candidatura por Ourense, dixo que o PP propiciará a emancipación dos mozos poñendo a súa disposición vivendas xa construídas que están sen vender en Galicia a un prezo asequible e concertado.

Nun encontro cos veciños, no que participaron tamén o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, e o presidente provincial, José Luis Baltar, Rosendo Luis Fernández dixo que "a misión imposible" na que se converteu para os mozos galegos conseguir unha vivenda "temos que trocala en oportunidade dando para elo unha ampla oferta e facilidades de financiamento".
Para invertir esta tendencia, Rosendo Luis Fernández anunciou medidas encamiñadas a facilitar o arrendamento de vivendas, con axudas directas para os mozos, e dous programas específicos: un de aluguer con opción de compra (pasado un tempo, parte da renda satisfeita serviría como parte do pagamento para mercar o piso), e outro de aluguer rotacional.

 
Volver atras
Imprimir Página