Home  
 
 
 
 
  Manolo Losada, O Trangallán, é o persoeiro ao que homenaxea este ano O Entroido de Ourense, segundo o programa de festexos presentado o pasado lunes, 9 de febreiro, pola concelleira de Cultura, Isabel Pérez e o tenente de alcalde do Concello de Ourense. A celebración conta este ano con 100.000 euros de orzamentos, e destacouse a cabida que este ano se lle da no programa do Entroido aos barrios da cidade, especialmente ás Eiroás e Seixalbo.
 
 
O Xoves de Comadres deixa o Entroido, outro ano, abocado ás súas datas máis fortes
20 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Xoves de Comadres, este 19 de febreiro, deixa ao Entroido abocado as súas datas máis fortes, Domingo, Luns e Martes de Entroido. Unha celebración que na capital ourensá non rematará ata o martes e que ven, a aínda para uns cantos o mércores, co Enterro da Sardiña.
A programación prevista, que este ano homenaxea á figura do Trangallán, conta cun orzamento de preto de 100.000 euros e prolongaránse ata o mércores 25 de febreiro co tradicional enterro da Sardiña. Nesta edición, cobran especial relevancia o Entroido dos barrios, especialmente as Eiroás (Festa da Pita) e Seixalbo.

Na Praza Maior da cidade, os cativos

Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

cumplimentaron este xoves a segunda das duas carreiras de Compadres e Comadres. Vía libre, pois, a don Carnal.

Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

PROGRAMACIÓN

20 de febreiro, venres de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas e Air Jalisia.

21.00 PREGÓN DO ENTROIDO 2009 a cargo de O TRANGALLÁN
Lugar: Praza Maior

21.30 Desfile polas rúas da cidade coa presenza dos nosos entroidos (Paquita e Nicanor de Seixalbo, Frei Canedo e As Romanas da Ponte, As Pitas de Eiroás, A Caniceira de Trives e Os Felos de Maside).
Percorrido:Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, parque San Lázaro, Sto. Domingo, praza do Ferro, rúa da Paz, praza Sta.Eufemia, Lamas Carvajal e Alameda do Concello.

22.00 CEA DE BENVIDA AO ENTROIDO onde o requisito imprescindible é vir disfrazado.
Prezo:14€
Venda de entradas: Auditorio Municipal
Lugar: paseo central da Alameda do Concello

21 de febreiro, sábado de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas, Air Jalisia,  Chunda Chunda e Son Percusión S.C.

11.30 XOGO DA OCA; ENTROIDO PORQUE ME TOCA!
Xogo da oca do Entroido onde as nenas e nenos, por equipos, farán probas relacionadas co Entroido (xogos, obradoiros, cantigas ...)
Organiza: A.X. Amencer
Lugar: paseo central da Alameda do Concello

OBRADOIROS
12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Reggae Baiano) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior
    
00.00 BAILE coa orquestra Marimba de Pontevedra.
Lugar: Praza Maior

22 de febreiro, domingo de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas, Son Percusión S.C., Santiago Apóstol, Entre Amigos, Monterrei e Os Chispas.

12.00 CONCERTO DE ENTROIDO da Banda Municipal de Música de Ourense.
Lugar: paseo central da Alameda do Concello

OBRADOIROS
12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Ijexá) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

18.00 DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS
Concentración dos participantes: Pavillón dos Remedios
Percorrido: Saída por Progreso ata o Xardín do Posío, rúa Coruña, Ben-Cho-Sei, Lugo, Progreso,Dtor. Marañón e Praza Maior.

19.30 BAILE coa orquestra Capitol de Santiago
Lugar: Praza Maior

21.00 CONCURSO DO REI/RAÍÑA DO ENTROIDO 2009 (todas as persoas que queiran participar que se acheguen ao soportal do Concello, esquina coa rúa Colón), de seguido ENTREGA DE PREMIOS aos gañadores do Concurso de Comparsas e Carrozas para rematar coa coroación do Rei/Raíña deste ano polo Rei do Entroido 2008.
Lugar: Praza Maior

23 de febreiro, luns de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Son Percusión S.C., Mecánica, Los Estupendos Burruños de la Morralla y su Banda de Impresentables, Os Centellas e Air Jalisia.

OBRADOIROS
12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Samba) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

17.30 ENTROIDO INFANTIL con obradoiros de maquillaxe, tatuaxes, cociña, fotografía... dous vellos vaqueiros amenizarán a festa con cancións infantís e unha sesión de xogos.
Lugar: paseo central da Alameda do Concello

00.00 BAILE coa orquestra Ledicia de Ourense.
Lugar: Praza Maior

00.00 CONCERTO Tarú e os Páxaros Coiro e Os Cuchufellos
Lugar: praza do Correxidor

24 de febreiro, martes de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: Charangas Los Estupendos Burruños de la Morralla y su Banda de Impresentables, Santiago Apóstol,  Monterrei e Os Centellas.

OBRADOIROS
12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Ritmos Nordestinos) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

19.30 BAILE co grupo Supert T de Pontevedra.
Lugar: Praza Maior

21.00 CONCURSO DE DISFRACES INDIVIDUAIS, onde un xurado premiará os 50 mellores disfraces cunha invitación para a CEA DE DESPEDIDA DO ENTROIDO.
Lugar: Praza Maior

25 de febreiro, Enterro da Sardiña

20.30 ENTERRO DA SARDIÑA
Concentración: na Praza Maior, onde as carpideiras, nun cortexo fúnebre debidamente amenizado polas charangas Os Centellas e Chunda Chunda acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido.
Percorrido: saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto. Domingo, Lepanto, Juan de Austria, praza Sta. Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

Entroido das Eiroás – Festa da Pita

24 de febreiro.- martes de Entroido

12.00 FOLIÓN DO ENTROIDO, con Pitas, máscaras, gaiteiros/as e música, que percorrerán o barrio anunciando a chegada do día grande.

13.00 VODA DA PITA

14.00 Xantar amenizado pola charanga Santiago Apóstol

17:00 BAILE DE MÁSCARAS amenizado pola orquestra Alianza.

21:00 QUEIMA DO MECO

Na xornada do martes, haberá carpa con bancos e mesas para todos aqueles grupos que queiran xantar na praza. Inscribirse nos domingos previos.

Entroido de Seixalbo – Paquita e Nicanor

22 de febreiro.- domingo de Entroido

16.00 Baile de disfraces na praza de Seixalbo.

24 de febreiro.- martes de Entroido

DÍA GRANDE DO ENTROIDO EN SEIXALBO
15.30 Desfile de comparsas e charangas polas rúas de Seixalbo.

25 de febreiro.- mércores de Cinza

21.00 ENTERRO DA SARDIÑA con desfile polas rúas de Seixalbo e sardiñada ao remate no Campo da Infesta.

Entroido da Asoc. Cult. Frei Canedo da Ponte

21 de febreiro.- sábado de Entroido

NOITE XOVEN
21.00 Concerto dos grupos Sin Motivo, Supersandwich e Burgas Beat.

22 de febreiro.- domingo de Entroido

DÍA DO POLBO E DOS NENOS
11.00 Xogos populares para nenos e grandes.

13.00 Xantar Popular na carpa.

18.00    Karaoke infantil
         Espectáculo a cargo de Party Time
         Maxia a cargo de Máxico Brais
         Final Karaoke

21.00 Agasallos para as nenas e os nenos.

21.30 Baile popular

23  febreiro   Luns de Entroido

DÍA GRANDE DE FREI CANEDO
12.00 A partir desta hora volve o polbo e a carne ao caldeiro ate a tardiña.

18.00 Charangada para a xuntanza dos frades ao redor da capela.

18.30 Comezo dos solemnes actos con: presentación, sermón a cargo de Manolo “O Trangallán”, bendición dos novos confrades, primeira Asensión ao ceo de Frei Canedo e Bendición Papal.

20.30 Saída da solemne PROCESIÓN de Frei Canedo polas rúas da Ponte coa presenza de Blanquita e a Lexión, os Folións de Trives, as Romanas da Ponte, os Bombeiros de Canedo, o noso Papa, o Abade da Orde e as Forzas Vivas do Pobo.

22.00 Xuntanza nos solemnes comedores para honrar o Frei Canedo cunha cachuchada (só para socios).

23.00 Comezo do BAILE de disfraces amenizado pola orquestra JOCKER.

24.00  FOLIÓN con bombas de coloríns “fijo y volador”.

 
Volver atras
Imprimir Página