Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Demetrio Espinosa, concelleiro de Medio Ambiente

 
  Un total de 300 profesionais tomarán parte este venres e o sábado, 20 e 21 de febreiro, nas Xornadas Municipais de Xardinería de Galicia, que organiza a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense no auditorio municipal. Nesta quinta edición das Xornadas, o certame pretende consolidarse como punto de reunión e intercambio de ideas para o paisaxismo de carácter atlántico da Península Ibérica, co tema xenérico “El espacio comprometido”. As Xornadas serán inauguradas polo alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, ás nove e media da mañá deste venres.
 
 
300 profesionais asisten ás Xornadas de Xardinería de Galicia que se celebran en Ourense
20 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez inaugurará este venres (10:30 a.m.) as V Xornadas Minicipais de Xardinería de Galicia que se celebrarán ata o sábado na capital ourensá, e as cales comprometeu na mañá do sábado a súa visita tamén a Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, a ourensá Elena Espinosa. Durante toda a primeira xornada deste venres, baixo o epígrafe común do “Compromiso coa auga e a vexetación”, ofrecerase unha ilustrativa mostra do uso de plantas ornamentais en salientadas obras europeas, as exemplares intervencións tralizadas en cursos fluviais baixo o punto de vista dun experto de primeiro orde ou o repaso ó evento da Expo Zaragoza 2008 da man de tres dos seus principais actores paisaxísticos.

A xornada do sábado abrirase coa intervención da ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa. Continuará coa sección “Atlánticos emerxentes”, onde paisaxistas que despuntan pola súa actividade amosarán a súa obra. Baixo o epígrafe “Vangarda e compromiso”, tres ponencias exhibirán traballos onde as formas e xeitos dun paisaxismo do noso tempo servirán para tratar de indagar o papel que o contemporáneo ten nesta actividade.

PROGRAMA DAS XORNADAS

VENRES, 20 DE FEBREIRO

10,30 horas. Inauguración das Xornadas, a cargo do alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e presentación do programa

1ª SESIÓN: O compromiso coa auga e a vexetación. A experiencia europea.
10.00-11.00. “O papel da vexetación no paisaxismo atlántico europeo”, a cargo José Valdeón, xardineiro e Paisaxista
11.00-11.30 Coloquio
11.30-12.00 Pausa-café
12.00-13.00 30 años de Bioenxeñería en Suiza, Francia e Italia, por Bernard Lachat. Paisaxista.(Suiza)
13.00-13.30 Coloquio

A experiencia  na Expo Zaragoza

16.00-17.00 Grandes proxectos, microurbanismo, paisaxes urbanos: Zaragoza 2008
Javier Monclús. Xefe da Área do Plan de Acompañamento de Expo Zaragoza 08
17.00-17.30 Coloquio
17.30-18.30 Paisaxes de auga, por Iñaki Alday, arquitecto, coautor do proxecto redactor do parque da auga
18.30-19.00 Coloquio
19.00-20.00 Experiencias de construir con auga e vexetación, por Carlos Avila, paisaxista, responsable de proxectos de Paisaxe Expo Zaragoza 08
20.00-20.30 Coloquio

SÁBADO, 21 DE FEBREIRO

2ª SESIÓN: VANGARDA E COMPROMISO

10.00-10.30 ProXecto Humus –Sapiens, por Joaquín García-Purroy e asociados. (Navarra)
10.30-11.00 Proxecto Ciruxías Urbanas (Oporto, Portugal), por Daniel Magalhães  e asociados
11.00-11.30 Coloquio
11.30-12.00 Pausa-café
12.00-13.00 Karres and Brands. Paisaxismo contemporáneo holandés, por Sylvia Karres, paisaxista (Holanda)
13.00-13.30 Coloquio

16.00-17.00 Elementos para a construcción da identidade dos espacios libres da cidade, por José Luis Infanzón Priore, arquitecto urbanista.
17.00-17.30 Coloquio
17.30-18.30 Experiencias e vida nun barrio sostible en Culemberg. (Paises Baixos), por Niek Hazendonk. Arquitecto Paisaxe (Holanda)
18.30-19.00 Coloquio
19.00-19.30 Conclusións e Clausura

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página