Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
  "Hai comarcas onde son máis as persoas falecidas que tiñan que haber cobrado as axudas da Dependencia, que os dependentes vivos que as cobran". Esto o dixo o número 3 do Partido Popular por Ourense, Rosendo Luis Fernández, nun mitin celebrado na localidade de A Manchica, do Concello de A Merca onde foi alcalde. A Lei da Dependencia é unha boa idea, recoñeceu o popular, e como tal a apoiou o Partido Popular, pero estivo mal xestionada polo bipartito na Xunta de Galicia. O candidato popular recalcou que só 3.600 persoas reciben axuntas, dos casi 46.000 dependentes que hai en Galicai.
 
 
O PP di que hai sitios onde son máis os mortos sin cobrar a Dependencia que os vivos que a cobran
19 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Mentres 45.793 dependentes galegos teñen dereito á atención prevista na Lei da Dependencia, só 2.501 perciben a axuda do coidador, 1.103 teñen unha axuda vinculada ao servizo, e 20 reciben a prestación para asistencia persoal.
Son algúns dos datos que manexou no mitin de A Manchica o número 3 da candidatura do PP por Ourense, Rosendo Luis Fernández.
O candidato popular chegou a afirmar que "hai comarcas onde son máis as persoas falecidas que tiñan que haber cobrado as axudas da Dependencia, que os dependentes vivos que as cobran".

Rosendo Luis Fernández non cuestionou a Lei en sí mesma, que recordou que apoiou no seu momento o Partido Popular, pero sí como a xestionou o bipartito na Xunta de Galicia.
"O PPdeG se compromete a garantir a suficiencia financeira necesaria para que ningún dependente galego teña que agardar tempo de máis a recibir as prestacións que a lei recoñece", sinalou a este respecto o candidato popular.

Lei de apoio ás familias galegas no primeiro ano de lexislatura do PP

Por outra banda, nun encontro coas mulleres no Carballiño ó que asistiu o presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, e Carmen Pardo, cabeza de lista por Ourense, os populares fixeron referencia á familia, afirmando que o Partido Popular  se compromete a que todos os nenos de 0 a 3 anos teñan unha praza de gardería gratuíta.
Neste sentido, os populares anunciaron que promulgarán unha lei de apoio ás familias galegas no primeiro ano de lexislatura, figura que "outorgará recoñecemento xurídico pleno a todas as prestacións ás que teñen dereito".

Segundo o Partido Popular, "Galicia está a retroceder en materia de apoio á familia", e sinalaron os populares que mentras unha familia galega con dous fillos recibe, como media, 720 euros/ano para o nacemento e coidado dos cativos, estas axudas multiplícanse por 10 nunha comunidade limítrofe como Castela e León (7672 euros/ ano), por 9 no País Vasco (6.300 euros/ano) e por 5,5 en Navarra (3967 euros/ano).

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página