Home  
 
 
 
 
  O presidente da Deputación, José Luis Baltar, mantivo este mércores un encontro con aspirantes a docentes do Plan Innova, para o que xa hai inscritas 350 persoas, según fontes da propia institución provincial. Baltar Pumar, que tamén adiantou que na vindeira semana comezará o proceso selectivo para participar no programa de formación de acompañantes e condutores de transporte escolar que permitirán a 40 mulleres demandantes de emprego, destacou que "as expectativas levantadas polo Innova non teñen precedentes en anteriores programas". Baltar revelou un reto da Deputación de Ourense: " converter á provincia de Ourense en lider na presenza de mulleres ó frente dos volantes dos autobuses", sinalou
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
A Deputación quere converter á Ourense na provincia líder de mulleres ó volante dos autobuses
19 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

"Os 500 demandantes de emprego que participarán en Innova esperarán desta iniciativa unha fórmula para mellorar a súa empregabilidade e acceder o mercado laboral". Deste xeito loubou o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Balrtar, o Plan Innova en cuxo marco mantivo o titular da institución provincial este mércores un encontro con aspirantes a docentes de dito Plan.

Nesta xornada de orientación de formadores, Baltar Pumar estivo acompañado dos responsables da Unidade de Promoción do Emprego e Igualadade da Deputación, que explicaron o funcionamento do curso de conductoras de autobuses, orientado no seu día ó transporte escolar.
Os técnicos da Deputación subliñaron que na primeira edición destes cursos participaron 89 mulleres e remataron 81. Destas últimas, 68 accederon ó mercado laboral nos tres meses posteriores ó remate do curso, e máis do 90% das participantes recibiron ofertas laborais.

O Presidente da Deputación aludíu á importancia dos formadores e á calidade da docencia para que os alumnos afronten coas mellores condicións posibles a consecución dun posto de traballo.
Así mesmo, anunciou Baltar Pumar que neste mes iniciaranse os procesos de selección dun número moi importante de accións formativas que cubrirán tódalas comarcas da provincia.
"Temos un reto, converter a provincia de Ourense en lider na presenza de mulleres ó frente dos volantes dos autobuses, unha profesión na que están subrepresentadas, queremos que Ourense reflicta nesta profesión ata agora masculinizada, o que poden ser os resultados de proxectos ben feitos e a súa aportación para camiñar na igualdade de oportunidades", sinalou o titular da Deputación ourensá.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página