Home  
 
 
 
 
  Comezan un ano máis este xoves as "Tertulias literarias" que organzia o Concello de Ourense a través da Concellería de Educación. Terán lugar no Liceo da capital ourensá e van dirixidas aos alumnos da ESO desta cidade que se apuntaron á iniciativa. Trátase de fomentar o hábito da lectura entre os estudantes de Sencundarias.
 
 
Comezan no Liceo este xoves as "Tertulias literarias" do Concello para alumnos da ESO  
19 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do Programa de Animación á Lectura, iniciará este xoves, día 19, ás catro e media da tarde no Liceo desta cidade, a actividade "Tertulias literarias", dirixida a alumnos de ESO dos centros educativos da cidade. Na sesión de este xoves participarán 31 alumnos dos IES Blanco Amor e IES Ferro Couselo.

Esta actividade consiste nunha posta en común de experiencias e ideas entorno ó libro e á lectura.
O libro a tratar nesta ocasión é "El Baile" de Irene Némirovsky, que foi facilitado previamente pola Concellería de Educación de xeito gratuíto a todo o alumnado que se inscribiu nesta actividade.

Volver atras
Imprimir Página