Home  
 
 
 
 
O deputado alaricano e número 6 na candidatura do PP, Antonio Rodríguez Miranda, denunciou no acto electoral celebrado este luns en Allariz que este Concello ten a día de hoxe un déficit de 3 millóns de euros, despois de recibir axudas nestes catro pasado anos por importe de 20 millóns. Rodríguez Miranda acusou ao BNG de crear aquí empresas alleas á Xunta que agora están arruinadas, dixo, e que no caso de Reatur xenera perdas de 60.000 euros ao ano.
 
 
 
O PP pon a Allariz como exemplo do fracaso do modelo de xestión empresarial do BNG
17 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL

O modelo de xestión das empresas do Concello de Allariz, foi posto de exemplo polo candidato do PP Antonio Rodríguez Miranda para cuestionar no mitin do Partido Popular celebrado este luns o modelo do BNG na Xunta de Galicia. Rodríguez Miranda dixo que o Concello de Allariz recibiu nestes catro anos pasados axudas por importe de 20 millóns de euros, e que, "lonxe de saber aproveitalos, provocou que o Concello teña hoxe un déficit de 3 millóns de euros".

Rodríguez Miranda calificou o sistema de xestión do BNG de "modelo catastrófico", e citou empresas como Allarbús, Allarluz e Reatur, as cales "están arruinadas", dixo o candidato popular. "No caso de Reatur, acumula débedas de 60.000 euros ao ano, e fai que o Concello de Allariz teña que poñer cartos para que funcione", senalou Rodríguez Miarando con relación a esta empresa creada un día para o desenrolo turístico do Concello.
No caso de Allarluz, "o propio Anxo Quintana foi quen de levala a quebra", sinalou Rodríguez Miranda, mentras que con respecto a empresa de transporte municipal, Allarbús, "hoxe en día ofrece un servizo anecdótico". Segundo o candidato popular, Allarbús tan só conta con 4 ou 5 liñas que "están operativas para cubrir o expediente".

"Este é o modelo de xestión empresarial que o Bloque quere para Galicia, un modelo fracasado e no que ningún empresario cre”, concluíu ao respecto Rodríguez Miranda.

Volver atras
Imprimir Página