Home  
 
 
 
 
"A importancia que Núñez Feijóo da a Ourense amósase en que pasará a metade da campaña na provincia", sinalou o Partido Popular este luns como adianto da adicación que o candidato do PP a presidencia da Xunta terá a esta provincia. Os populares aseguran que Núñez Feijóo escolle Ourense por ser unha clara mostra do "afogamento" ao que o bipartito ten sometida a esta provincia, e exemplarizou o caso no Concello de Celanova. O seu alcalde sinalou este luns que leva tres anos agardando a ser recibido por Touriño.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
O PP avanza que Núñez Feijóo pasará a metade da campaña electoral na provincia de Ourense
17 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Partido Popular de Ourense anunciou este luns que dos quince días que durará a campaña electoral, a metade e decir, polo menos sete, dedicaraos o candidato a presidencia da Xunta do PP, Alberto Núñez Feijóo, á provincia de Ourense. Segundo o PP, Feijóo "asume esta responsabilidade cunha sensibilidade especial cos problemas dos ourensáns".

Esto se produce, segundo o partido que dirixe en Ourense José Luis Baltar, porque "é precisamente nesta provincia onde máis afogou o bipartito ós cidadáns, impedindo que infraestruturas e servizos de máxima importancia e necesidade chegasen ós concellos e as persoas".
Segundo os populares, un bo exemplo desto é Celanova, que viu "sistemáticamente paralizados proxectos tan importantes como o Hotel Monumento, o novo instituto, a ampliación do parque empresarial e as infraestructuras viarias".

No acto electoral celebrado este luns nesta vila, o alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, sinalou que pediu en tres ocasión entrevistarse co presidente da Xunta para tratar este temas, "e desde fai tres anos aínda non tiven resposta de Touriño".

Volver atras
Imprimir Página