Home  
 
 
 
 
  Un total de 1.483 alumnos de 21 centros desta cidade está previsto que asistan na mañá deste martes ao concerto de percusión de Odaiko Percusion Group. Terá lugar no Auditorio, polo que pasarán este martes casi milleiro e medio de estudantes en dúas sesións, ás 10 e ás 12 da mañá. Organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense, e a actividade ten como finalidade que os alumnos coñezan as distintas e múltiples posibilidades que ofrecen os instrumentos de percusión, e achegalos ó coñecemento desta modalidade musical.
 
 
Casi 1.500 estudantes de 21 centros da cidade asisten este martes a un concerto de percusión
17 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do programa "Música na Escola", organiza este martes, 17 de febreiro, dous concertos didácticos do grupo de percusión Odaiko Percusion Group no Auditorio Municipal. Este concerto está dirixido a alumnos de 2º, 3º e 4º curso da ESO, de idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos, en horarios de dez e doce da mañá. Está previsto que ao mesmo asistan preto de 1.500 rapaces de colexios desta cidade de 21 centros desta cidade.
"Odaiko Percusion Group é unha iniciativa de catro mozos galegos que decidiron facer da percusión a súa vía de expresión musica,l e que elaboran un novidoso espectáculo feito con percusión de todo o mundo", sinalan dende o Concello de Ourense os reponsables desta iniciativa.

Esta actividade ten como finalidade que os alumnos coñezan as distintas e múltiples  posibilidades que ofrecen os instrumentos de percusión, e achegalos ó coñecemento desta modalidade musical.
Os profesores de música dos centros asistentes poideron dispor da unidade didáctica do concerto colgada na páxina web do Concello cun mes de antelación. Ademáis, cada alumno participante recibirá un agasallo (un porta CD).

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página