Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
  A Cruz Vermella de Ourense será a encargada de desenvolver o servicio de Apoio ás Familias Monoparentais deste Concello, segundo acordo que tomou este xoves a Xunta Local de Goberno. Trátase do coidado dos fillos deste dipo de unidades familiares mentras os pais ou nais traballan. Na mesa reunión, aprobouse inicialmente o proxecto de construcción de 50 novas vivendas protexidas en Covadonga, adxudícaronse as obras dunha nova ponte no Barbaña á altura de O Polvorín, e tamén os traballos de mellora da iluminación pública de dez barrios da cidade.
 
 
O Concello de Ourense adxudica á Cruz Vermella o servicio de Apoio ás Familias Monoparentais
13 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense adxudicou  hoxe  á Cruz Vermella o servicio de Apoio ás Familias Monoparentais que consiste, básicamente, no coidado dos seus fillos deste tipo de unidades familiares mentras os pais ou nais traballan.
Esta medida social, desenvolta dende a Concellería de Benestar Social, ten como obxectivo que ningún destes pais ou nais sós "perdan oportunidades de formación ou de traballo por causa do coidado dos seus fillos", segundo explicou o alcalde, Francisco Rodríguez.

O programa, que agora desenvolverán membros da Cruz Roxa de Ourense, contempla o coidado dos menores dentro e fora do fogar, o acopañamento aos colexios ou garderías, actividades de ocio e tempo libro e apoio escolar.
Os beneficiarios desta medida son veciños de Ourense con escasos recursos económicos, e actualmente beneficia a perto de medio cento de familias monoparentais, segundo informa o Concello de Ourense.

"Trátase dun avance máis en políticas sociais no Concello de Ourense, xa que como sabedes teño como obxectivo constituir a Ourense como referente galego nas políticas de benestar", sinlaou o alcalde, Francisco Rodríguez.

Vivenda Protexida en Covadonga

Na Xunta Local de Goberno deste xoves, o Concello deu outro paso no proxecto de construcción de 50 novas viviendas protexidas no barrio de Covadonga, que promoven o Concello e a Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia.
Trátase da aprobación inicial ó proxecto de urbanización dos terreos nos que se realizará  esta actuación, a denominada área de reparto 13-N "Covadonga", presentado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.
O proxecto de urbanización abrangue tres parcelas. A primeira será de uso residencial, na que se ubicarán un total de 52 vivendas protexidas, en dous bloques abertos cunha altura máxima de 5 plantas sobre rasante, e dúas plantas de soto que se destinarán a garaxes. Unha segunda parcela destinarase a sistemas xerais onde se construirá un vial e as correspondentes instalacións urbanas a terceira parcela destinarase a un parque público

Ponte do Barbaña en Polvorín y obras de iluminación

A Xunta de Goberno aprobou tamén adxudicar provisionalmente as obras de construcción dunha nova ponte sobre o río Barbaña, na zona do Polvorín. Os traballos serán realizados pola empresa Arias Hermanos Construcciónes S.A.
Suporán un investimento de 1.719.098,99 euros e teñen un prazo de execución de 6 meses. A empresa presentou a mellor oferta entre as cinco firmas que se presentaron ó concurso.
Mellora de iluminación no perímetro rural

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno adxudicou definitivamente as obras de mellora da iluminación pública e aforro enerxético en dez barrios e localidades do perímetro rural.
As obras teñen como finalidade optimizar e modernizar os sistemas de iluminación, reducindo o consumo enerxético e mellorando a prestación do servicio.
Os traballos realizaranse nos barrios e localidades de Cabeza de Vaca, Castro de Beiro, Ceboliño, Polvorín, Rabo de Galo, Rairo, Santa Cruz de Arrabaldo, Seixalbo, Untes e Vilar. Suporán un investimento total de 193.736,88 euros.
 
Os traballos nas localidades de Untes e Santa Cruz suporán un investimento de 33.640 euros e serán realizados pola empresa Electricidade Gremaca- En Rabo de Galo e Cabeza de Vaca serán realizados por Francisco Meije, por 30.699,21 euros; en Seixalbo, Rairo e Polvorín, por Algamel Ourense, por un importe de 63.854,41, mentres que en Castro de Beiro, Vilar e Ceboliño, serán realizados por Francisco Xabier Novás, por un importe de 65.543,16 euros.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página