Home  
 
 
 
 
  O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, e a Presidenta de Down Ourense, María del Carmen Vila, asinaron este xoves un convenio de colaboración para a incorporación de persoas con síndrome de down no marco do programa "Emprego con Apoio". Para este anúncuase unha novidade: pór en marcha un programa de "Adestramento laboral" para estas persoas. Os fondos proveñen de Europa, do Plan Innova, que apotará uns 3,6 millóns de euros, si ben as cantidades aínda non están pechadas. "A Deputación é o organismo que máis nos ten axudado", destacou a presidenta desta Asociación.
 
 
Deputación e "Down Ourense" renovaron a súa mutua confianza na tarefa de axudar a estas persoas
13 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Deputación de Ourense e "Down Ourense" renovaron este xoves a colaboración que a institución provincial ourensá lle ven prestando a esta Asociación desde o ano 2005. De tal xeito que, destacou a súa presidenta, María del Carmen Vila, "a Deputación é o organismo que máis nos ten axudado".
O novo convenio asinado este xoves vai dirixido ao programa "Emprego con Apoio", cuxa finalidade é integrar no mercado ordinario de traballo a persoas coeste síndrome.
A sinatura deste convenio concrétase coa incoporración laboral dunha persoa con síndrome de down, que desenvolve o seu labor no Centro Cultural da Deputación dende o día 1 deste mes.

O Presidente da Deputación apostou polo compromiso da Deputación "na busca de igualdade de oportunidades", e incidíu en que a Deputación foi a primeira institución pública en implicarse neste proxecto.
Tamén anunciou a posta en marcha dun novo programa de adestramento prelaboral, con financiamento do Fondo Social Europeo, para desenvolver en colaboración con Down Ourense, organización da que valorou todo o esforzo que realiza.

A persoa con síndrome de down que se incorporou laboralmente á Deputación no seu Centro Cultural ven desenvolvendo labores de portería, xestión da correspondencia con distintos servizos da institución e atención das salas de exposicións, entre outros encargos.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página