Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Mª del Carmen Pardo

 
  A apertura dunha liña de cretos brandos para o comercio, a creación de novos polígonos industriais, melloras loxísticas e garantir un subministro eléctrico de calidade, son algunas das medidas do "Plan de Choque" que o PP di ter elaborado para combater os efectos da crise económica do comercio galego, e que presentou a candidatura popular este mércores na Cámara de Comercio e Industria de Ourense.
 
 
O Partido Popular anunciou en Ourense un "Plan de Choque" para o comercio e a industria  
12 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Partido Popular aprobará un "Plan de Choque" para combater os efectos da crise económica no comercio galego, e abrirá unha liña de cretos brandos e flexibles para favorecer ó comercio galego. Así o anunciaron este mércores membros da candidatura dos populares ás eleccións galegas nunha reunión que mantiveron co presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Ovidio Fernández Ojea, e outros directivos da institución cameral.

No ámbito da industria o PPdeG se compromete a acelerar todos os proxectos pendentes, retrasados polo Bipartito e promoverá a creación urxente de novos polígonos industriais nas zonas nas que hoxe existe unha maior demanda. O obxectivo é chegar a dispoñer de arredor de 40 millóns de metros cadrados de solo industrial promovidos pola Administración Autonómica no horizonte de 2013.
Tamén propoñen os populares o desenvolvemento estratéxico das industrias en Galicia con actuacións en tres terreos específicos, a dotación de solo apropiado e de calidade para o establecemento das empresas en Galicia, a mellora das infraestruturas loxísticas de transporte, e a garantía dun subministro eléctrico de calidade.

No tocante ao comecio, adecuaránse os produtos financeiros ás necesidades das empresas, mellorarase a cualificación do capital humano no punto de venda, con especial atención a aspectos como técnicas de venda, novas tecnoloxías e coñecemento de linguas estranxeiras, porase en marcha un programa de axudas para reformar os establecementos e implantar as Tecnoloxías da Información, así como impulsaranse novas fórmulas que potencien os recursos do pequeno e mediano comercio.

Volver atras
Imprimir Página