Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Laura Seara

 
  "E curioso que o pretexto da manifestación sexa a suposta falta de reequilibrio territorial xa que este goberno puxo en marcha o primeiro Plan de Reequilibrio Territorial para Galicia dotado con máis de 4.000 millóns de euros e que tivo como unha das zonas máis beneficiadas a cidade de Ourense". Así comeza expresándose a número 2 da lista do PSdeG-PSOE por Ourense a raíz da movilización convocada por Limiar para a tarde-noite deste mércores na capital ourensá.
 
 
Laura Seara califica a manifestación de Limiar de "sainete" para "inflarlle o ánimo" ao PP  
12 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL

Trala convocatoria feita pola Federación de Asociacións Veciñais de Ourense, "Limiar", de unha manifestación polo reequilibrio territorial real para a provincia de Ourense, a parlamentaria galega e candidata número 2 do PSdeG-PSOE por esta provincia, Laura Seara, considera que "Limiar" queda "absolutamente desautorizada para representar os veciños e veciñas desta cidade, e aposta por un replantexamento dos obxectivos dunha federación que está máis ocupada en levarlle as maletas ao PP que en dar resposta e reivindicar actuacións de mellora na cidade".
Seara Sobrado di que a manifestación das oito da tarde deste mércores foi convocada "minoritariamente por algúns membros de Limiar como unha mofa e un insulto ao sentido común da cidadanía".

A deputada socialista considera que "houbo moitos momentos nos que foi necesario manifestarse e as reivindicacións non se fixeron", e que agora, "sen vir a conto", unha minoría encabezada por dous dirixentes de Limiar vai protestar para intentar "inflarlle o ánimo a un PP baixo de moral polos últimos acontecementos".
Apuntou Seara que "é curioso que o pretexto da manifestación sexa a suposta falta de reequilibrio territorial xa que este goberno puxo en marcha o primeiro Plan de Reequilibrio Territorial para Galicia dotado con máis de 4.000 millóns de euros e que tivo como unha das zonas máis beneficiadas a cidade de Ourense".

A parlamentaria socialista califica a movilización de "un sainete máis" de "Limiar", que, para Laura Seara, é "unha estrutura político-social montada polo PP durante os últimos anos nos".

Volver atras
Imprimir Página