Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Demetrio Espinosa

 
  "Medio Ambiente IMAXINADO". Así se chama un ciclo de cine de 9 películas de temática medioambiental que, orgazanizado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, comeza este venres, 13 de febreiro, prolongándose ata o 13 do mes que ven. As películas son gratuitas e para todos, e o ciclo é unha iniciativa da Rede Galega de Concellos para o Sostibilidade. "Con esta iniciativa persíguese promover o debate sobre a realidade ambiental dos concellos, de Galicia e do mundo en xeral, tomar conciencia da nosa capacidade como individuos para preservar o medio e poñer en valor os nosos recursos naturais", sinálase ao respecto desde o departamento de Demetrio Espinosa.
 
 
9 proxeccións gratuitas conforman un ciclo de cine sobre Medio Ambiente do Concello de Ourense
19 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense organiza o ciclo de cine "Medio Ambiente IMAXINADO", no que se proxectarán un total de 9 películas de temática medioambiental. As proxeccións son gratuítas e tódolos interesados poden reservar as súas localidades chamando ó número de teléfono da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense (988 388135). As películas exhibiranse dende o venres 13 de febreiro ata o día 13 de marzo, na Aula de Socio Cultural de Caixa Galicia, na rúa Xoán XXIII, 31, soto, sempre ás 18:00 horas.

O ciclo de cine-debate “Medio Ambiente IMAXINADO” é unha iniciativa da Rede Galega de Concellos para o Sostibilidade, na que está integrado o Concello de Ourense, que se leva a cabo coa colaboración da FEGAMP, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e a Fundación Caixa Galicia.
"Con esta iniciativa persíguese promover o debate sobre a realidade ambiental dos concellos, de Galicia e do mundo en xeral, tomar conciencia da nosa capacidade como individuos para preservar o medio e poñer en valor os nosos recursos naturais", sinálase desde o departamento de Medio Ambiente do Concello de Ourense que dirixe Demetrio Espinosa.

PROGRAMA

Venres, 13 de febreiro: “Un lugar en el mundo” (Arxentina, 1992). Dirixida por Adolfo Aristarain, trata sobre a loita entre os que defenden a súa terra e os que se lucran so seus recursos.

Xoves, 19 de febreiro: “Erin Brockovic” (Estados Unidos, 2000). Dirixida por Steven Soderberg, fala sobre a contaminación da auga e a loita contra as grandes empresas

Venres, 20 de febreiro: “Paisajes transformados” (Canadá 2006). Documental dirixido por Jennifer Baichwal, acerca do impacto do ser humano no planeta.

Xoves, 26 de febreiro: “Nuestro pan de cada día” (Alemania, Australia, 2007) Documental dirixido por Nikolaus Geyhalter sobre a industralización e mecanización do campo europeo.

Venres, 27 de febreiro: “La pesadilla de Darwin” (Francia, Austria e Bélxica, 2004). Documental dirixido por Hubert Sauper acerca da globalización, a lei do mercado e o impacto medioambiental.

Xoves, 5 de marzo: “El espíritu del bosque” (España, 2008) Película de animación dirixida polo ourensán David Rubín, trata sobre a protección dos boques fronte ós intereses económicos.

Venres, 6 de marzo: “Glup. Una aventura sin desperdicio”. (España, 2004) Película de animación dirixida por Aitor Arregui e Íñigo Berasategi, aborda o tema da reciclaxe e o verdadeiro valor das cousas.

Xoves 12 de marzo: “Wall-E. Batallón de limpieza” (Estados Unidos, 2008). Película de animación dirixida por Andrew Stanton, que trata acerca dos patróns de consumo e a súa repercusión no medio ambiente.

Venres, 13 de marzo: “El árbol, el alcalde y la mediateca”. (Francia, 1993). Película dirixida por Éric Rohmer que narra a historia da construcción dun centro cultural, que é impedida pola necesidade de cortar unha árbore.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página