Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Servizos Sociais de Maceda organiza un obradoiro de resolución de conflitos entre pais e nais cos seus fillos ou fillas. Esta iniciativa está dirixida ó alumnado dos centros educativos de primaria que hai na vila, é dicir, ao Colexio de Educación Infantil e Primaria de Maceda e ao Virxe Milagrosa. "O obxectivo é resolver conflitos parento-filiais mediante habilidades e estratexias para evitar o fracaso escolar", sinala ao respecto a titular de Servizos Sociais de Maceda, Ana María Rodríguez. Trátase dunha iniciativa pioneira no Concello de Maceda.
 
 
O Concello de Maceda pon en marcha un obradoiro para mellorar as relacións dos pais cos seus fillos  
11 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Concello de Maceda a través da Concellería de Servizos Sociais, ven de pór en marcha un obradoiro cuxo obxectivo principal é mellorar as relacións dos pais cos seus fillos.
Ana María Rodríguez, tenente alcalde e concelleira de Servizos Sociais de Maceda, explica que este obradoiro pretende pór en práctica "habilidades e estratexias para a resolución de conflictos parento-filiais a través de actividades prácticas, co fin de evitar situacións de desaxuste familiar que poidan ter incidencia no fracaso escolar".

A concelleira desta área considera que "do que se trata é de orientar aos pais e as nais para que afonden nesta temática", para o cal se vai empregar unha metodoloxía "activa e participativa".
Outro dos obxectivos deste tipo de obradoiros consiste en "entender o concepto de conflicto para facer unha proposta coa que afrontalo e tomar decisión", explica Ana María Rodríguez. A concelleira di confiar en que este punto de encontro "sirva para extraer un recetario de consellos e sacar unha serie de conclusión útiles para a resolución de conflitos no seo familiar".

O obradoiro, que terá unha duración de 10 semanas e que se desenvolverá nos dous colexios, estará coordinado por un Psicólogo e unha Educadora Social que traballarán cos pais e nais dos cursos agrupados por ciclos.
Ana María Rodríguez precisa que este tipo de actividades son útiles porque "para abordar estas cuestións é mellor comezar a tratalas dende Primaria porque é cando empezan a xenerarse situacións que producen unha certa perplexidade nos pais e nais".

Volver atras
Imprimir Página