Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Ourense  organiza un novo curso de formación en voluntariado que se celebrará a finais deste mes de febreiro. Trátase dun Curso de Voluntariado en ocio e tempo libre, que terá unha duración de 8 horas (divididas en xornada de mañá e tarde) e se levará a cabo o vindeiro 28 de Febreiro, sábado, na capital ourensá.
 
 
Novo curso de formación en voluntariado do Concello de Ourense para finais deste mes  
11 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Residencia Xuvenil Florentino Cuevillas da rúa Arturo Pérez Serantes, será o escenario dunnovo curso de formación en voluntariado que se celebrará a finais deste mes organizado polo Concello de Ourense. A Cocnellería de Xuventude e Voluntariado anunciouno este martes para o vindeiro 28 deste mes.
A inscripción no curso é gratuita e pódese realizar na oficina da Concellería de Xuventude e Voluntariado ubicada na Rúa da Concordia nº 20 – entrechán esq, en horario de 8,30 a 14,30  ou a través do teléfono 988 37 44 01 no mesmo horario. A oferta é de 20 prazas e o prazo estará aberto ata cubrilas .

O obxectivo deste curso "é formar e capacitar ó voluntariado en ocio e tempo libre mostrando as habilidades e técnicas adecuadas para desenvolver correctamente a súa tarefa neste ámbito", sianala dita Concellería.
Está dirixido tanto a persoas que desenvolven accións de voluntariado en entidades sen ánimo de lucro como a calquera persoa interesada en adquirir ou mellorar as súas habilidades no campo do ocio e o tempo libre.

Volver atras
Imprimir Página