Home  
 
 
 
 
  Este luns, polo CEIP Mestre Vide, a Concellería de Educación do Concello de Ourense da comezo a actividade "Xoves de Compadres e de Comadres" que vai dixida aos escolares de Primaria da cidade. Trátase de que persoal especializado se achegará aos colexios da capital para desenvolver obradoiros de confección de compadres e comadres nos que os nenos aprenderá a facer os bonecos cos que han de "correr" os vendeiros xoves. Así mesmo, na Aula da Natureza do Miño comeza tamén este luns un obradoiro de disfraces de Entroido.
 
 
A Concellería de Educación comeza este luns as actividades relativas ao vindeiro Entroido
9 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Con motivo da celebración do Entroido, a Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza a actividade "Xoves de Compadres e de Comadres", que está dirixida a escolares de Educación Primaria da cidade. A partir deste luns, 9 de febreiro, persoal especializado achegarase aos colexios para desenvolver obradoiros de confección de compadres e comadres nos que os nenos aprenderán a elaborar os bonecos cos que participarán nos actos dos Xoves de Compadres e Comadres que terán lugar na Praza Maior os días 12 e 19 de febreiro.

Estas son as datas e os horarios dos

Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

Obradoiros:

LUNS, 9 DE FEBREIRO:
De 9:00h a 10.30h CEIP Mestre Vide: 23 alumnos de 6º

MARTES, 10 FEBREIRO:
De 9:00h a 12:00h CEIP O Couto: 42 alumnos/as de 5º

MÉRCORES, 11 FEBREIRO:
De 9:00h a 12.00h CEIP Irmáns Villar: 30 de 5º

XOVES, 12 FEBREIRO: XOVES DE COMPADRES NA PRAZA MAYO: De 10:30h a 12:30h

LUNS, 16 FEBREIRO:
De 10:00h a 12:00h CEE Miño( Velle) 19 alumnos/as de EE

MARTES, 17 FEBREIRO:
De 9:00h a 12.00h CEIP Inmaculada: 33 de 1º a 6º 
De 12:15h a 13:45h CEIP Amadeo R. Barroso : 18 alumnos/as de 5º

MÉRCORES 18 FEBREIRO:
De 9:00h a 12.00h CEIP As Mercedes: 47 de 1º a 6º 

XOVES, 19 FEBREIRO: XOVES DE COMADRES NA PRAZA MAIOR: De 10:30h a 12:30h

Obradoiro de disfraces de Entroido

Así mesmo, a Aula de Natureza do río Miño acolle dende este luns tamén, un obradoiro de disfraces de Entroido, organizado pola Concellería de Educación.
Leva por título "Aprende a facer os teus disfraces" e durará ata o 19 de febreiro, en horario de tarde, de 6 a 9 horas. O curso conta con 20 prazas e os participantes aprenderán a confeccionar os seus propios disfraces fomentando a reciclaxe e reutilización
Tódolos interesados poden obter máis información na Concellería de Educación do Concello de Ourense, na Praza de San Martiño nº2 1º, teléfono  988388136, e na Aula da Natureza do río Miño , en Oira, teléfono: 988 51 07 81

 
Volver atras
Imprimir Página