Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Áurea Soto, concelleira de Urbanismo

 
  A elaboración do novo planeamento urbanístico da cidade deu un importante paso adiante este xoves coa aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, da adxudicación do contrato para a confección da cartografía municipal, necesaria para a elaboración do novo PXOM. Os traballos, que inclúen a realización da cartografía municipal a escala 1/500 dos núcleos urbanos e da cartografía a escala 1/2000 da totalidade do termo municipal, suporán un investimento de casi 600.000 euros. Tamén aprobou esta mes Xunta de Goberno Local a contratación das 3 primeiras obras das do Plan Estatal de Investimentos Locais.
 
Noticias Relacionadas
  O Concello de Ourense saca a licitación en 604.000 euros unha nova cartografía de todo o termo municipal
 
 
Adxudicados os traballos da nova cartografía do Concello de Ourense
6 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL

A UTE, Unión Temporal de Empresas, formada polas firmas especializadas Caribersa S.L. e Cartografía General, S.A., Cartogesa, será a encargada de elaborar o novo planeamento urbanístico da cidade. Así o acordou a Xunta de Goberno Local deste xoves, que adxudica estes traballos en 569.126 euros.
A proposta destas firmas obtivo a mellor valoración por parte da mesa de contratación do concurso convocado polo Concello para realizar estes traballos, ao que concurriron 4 propostas.

Con este acordo, o Concello destaca que se completa a contratación dos traballos necesarios para realizar o novo Plan de Urbanismo da cidade, despois da adxudicación, recentemente aprobada, da elaboración do novo PXOM, que será redactado pola empresa Oficina de Planeamento S.A.

Aprobadas as adxudicacións provisionais das tres primeiras obras do Fondo Estatal de Investimento Local

Na mesma sesión da Xunta de Goberno Local deste xoves, aprobáronse tamén as primeiras adxudicacións provisionais de obras correspondentes ós proxectos que desenvolverá o Concello co apoio do Plan Estatal de Investimento Municipal:

- Rehabilitación de edificio para sede da Concellería de Urbanismo. As obras serán realizadas pola empresa Proyecón Galicia, e suporán un investimento de 1.498.885 euros.

- Rehabilitación e mellora de espacio público na rúa de Alvarez de Sotomaior. As obras suporán un investimento de 72.795 euros e serán realizadas pola empresa Guicarpala.

- Reforma de local en As Lagoas para unidade de educación e promoción da saúde. As obras, cun orzamento de 179.700 euros, serán realizadas pola firma COTEC SA

Tamén se aprobaron as licitacións da dirección de obra de mellora de espacio público urbano na Praza do Recanto da Rosa e Avenida da Universidade, no barrio de Mariñamansa, e a execución das obras de mellora e posta en valor do salón de plenos do Concello, cun orzamento de 112.000 euros.

Así mesmo,  aprobouse o expediente de contratación por procedemento aberto, da xestión do Camping de Untes, mediante o sistema de concesión.

Volver atras
Imprimir Página