Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Paula Carballido

 
  A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do programa educativo "Educación e deporte", iniciará este mércores, día 4 de febreiro, ás doce do mediodía no CEIP Albino Nuñez, a actividade "Miniolimpiadas". Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo achegar ó deporte aos máis cativos, e que consta de dúas partes, e na que se prevé que se involucren uns 600 rapaces de centros educativos da cidade.
 
 
Comezan as "Miniolimpiadas" de Educación do Concello de Ourense para uns 600 escolares  
4 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL

Comezan este mércores as "Miniolimpiadas" que organiza o Concello de Ourense dende a Concellería que dirixe Ana Garrido, titular de Educación. Trátase dunha serie de actividades para uns 600 rapaces de centros educativos desta cidade. A primeira consistirá nunha charla a cargo da coordinadora do programa, a nadadora olímpica Paula Carballido. A segunda parte, de carácter práctico, desenvolverase no próximo mes de marzo.

As charlas están dirixidas a alumnos de 3º e 4º de Primaria e 1º e 2º da ESO dos oito centros educativo da cidade que solicitaron participar nesta actividade: os colexios Padre Feijoo, Luís Vives, Carmelitas, Mestre Vide, Curros Enríquez, Amadeo R Barroso, Albino Nuñez e CEE Miño-Velle. Participarán un total de 600 alumnos

Curso de Ioga para profesores

Tamén este mércores, segundo anuncia o Concello de Ourense, a Concellería de Educación iniciará un curso homologado para profesores "Ioga e Relaxación" de 20 horas de duración, que se desenvolverá nas instalacións do centro educativo Mestre Vide, os martes e mércores de seis a oito da tarde.

Volver atras
Imprimir Página