Home  
 
 
 
 
  Este martes chega ao Auditorio da capital ourensá "Cachai", un espectáculo teatral inserto no "Programa educativo Teatro, Cine e Danza na Escola" da Concellería de Educación do Concello de Ourense. O plantexamento teatral e moi interesante: a obra está baseada nun feito real acontecido na noite do golpe de estado de Augusto Pinochet contra o goberno chileno; a dramaturxia plantexa a peripecia de subsistencia de dous mozos perseguidos polos militares, que se ven obrigados a vivir durante dous anos dentro dun nicho dun cementerio...
 
 
600 rapaces de oito centros de ensino da cidade asiten este martes ao espectáculo teatral "Cachai"  
3 de FEBREIRO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do "Programa educativo Teatro, Cine e Danza na Escola", colabora no espectáculo teatral "Cachai" que terá lugar este martes, día 3, no Auditorio Municipal. Haberá dúas sesións, ás dez menos cuarto e ás doce e cuarto da mañá. Á primeira, asistirán alumnos de IES O Couto, IES X. Prieto Nespeteira, IES A Carballeira e IES X Ferro Couselo. Na segunda sesión participarán alumnos de IES As Lagoas, IES 12 de Outubro, IES Portovello e IES Otero Pedrayo.

Ao acto asistirán aproximadamente 600 alumnos de 4º da ESO e de Bacharelato dos oito centros de ensino da cidade mencionados. Neste espectáculo, "Cachai se convirte nunha "aula de filosofía", precedido dunha presentación, e cun debate posterior, o que supón unha experiencia pedagóxica única.
A obra está baseada nun feito real, acontecido na noite do golpe de estado de Augusto Pinochet contra o goberno chileno. A dramaturxia plantexa a peripecia de subsistencia de dous mozos perseguidos polos militares, que se ven obrigados a vivir durante dous anos dentro dun nicho dun cementerio. Deste xeito, trata da constancia por non perder a dignidade nunha loita por sobrevivir.

Volver atras
Imprimir Página