Home  
 
 
 
 
  Este luns da comezo un curso de formación que está dirixido a educadores. "Familia e Sociedade" acollerá a 33 persoas tomando parte nesta primeira sesión. Organiza o Concello de Ourense coa colaboración da Universidade de Vigo.
 
 
Este luns comeza en Ourense un novo curso para de "Familia e Sociedade" para 33 persoas
2 de FEBRERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, pon en marcha dentro do programa de prevención e educación familiar, “Escola de nais e pais”, unha nova actividade. Trátase dun curso de formación dirixido a educadores en xeral –profesores, educadores sociais, orientadores, etc.-, “Familia e Sociedade”.
Este luns, a partir das seis da tarde, un grupo de 33 persoas comezarán co primeiro curso, denominado “Escola de pais, para que serve”, ás 18 horas na obra social de Caixa Galicia, na rúa do Paseo.

Ademáis do Concello de Ourense, colabora a Universidade de Vigo, concedendo dous créditos de libre configuración ós participantes, e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, outorgándolle interese sanitario.

 
 
Volver atras
Imprimir Página